O Plan Integral de Autónomos do Partido Popular xa recolle a exención do pago do IVA aos autónomos con ingresos inferiores aos 85.000€ anuais, unha medida que beneficiaría a máis do 50% dos autónomos lucenses (entre 18.000 e 19.000 na provincia de Lugo)
Lugo, 24 de outubro de 2025. Os senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- mantiveron unha reunión co presidente da Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas APE Galicia, José Ramón Caldas; os vicepresidentes por Lugo, Luis Abelleira, e Pontevedra, Silvia Crespo, e o secretario da Asociación provincial de Reparación e Venda de Automóbiles e Recambios (APREVAR), Luis Montouto, para coñecer de primeira man as demandas dos autónomos e pequenas empresas que reclaman “un marco fiscal xusto” para o colectivo e trasladarlles o apoio do PP da provincia.
Os populares rexeitan unha nova suba de impostos aos autónomos que supón “un castigo do Goberno de Sánchez de especial impacto para a nosa provincia” xa que en Lugo, lembran, hai entre 38.000 e 39.000 autónomos.
Ante a importante fiscalidade, cotización e burocracia á que se teñen que enfrontar os pequenos empresarios, os populares apuntaron que “non é xusto que o Goberno de Pedro Sánchez asfixie a quen traballa” porque “a nosa economía sostense sobre o esforzo de miles de autónomos que cada día levantan o país”.
Entre as demandas trasladadas polos representantes de APE Galicia atópase a necesidade de manter unha canle de comunicación cos autónomos da provincia ou traspoñer a Directiva Europea e aplicar o IVA franquiciado (como xa recolle a proposta do Partido Popular) que beneficiaría a máis do 50% dos autónomos na provincia de Lugo, entre 18.000 e 19.000 lucenses.
PLAN INTEGRAL DE AUTÓNOMOS
Os senadores aproveitaron para presentar en Lugo o Plan Integral de Autónomos do Partido Popular e lembrar que o Grupo Popular fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa coa que esixir ao Goberno de España unha serie de medidas para mellorar o traballo dos autónomos e que se centran en tres eixos: baixar impostos, reducir a burocracia e garantir a formación e o relevo xeracional.
Algunha das medidas concretas que recolle o Plan Integral do Autónomo presentado por Alberto Núñez Feijóo son a exención do pago do IVA aos autónomos con ingresos inferiores aos 85.000€ anuais (como recolle a Directiva Europea), pasar dunha declaración por trimestre a unha anual, ampliar a figura de autónomo colaborador aos non familiares en caso de sucesión e crear o contrato ‘El autónomo forma’, “un contrato co que terá todas as vantaxes do aprendiz sen a burocracia do contrato de formación”.
A proposta do Partido Popular recolle tamén a flexibilización dos requisitos da prestación por cese de actividade e aprazamento de cotas, a devolución de maneira automática e sen dilación dos excesos por sobrecotización dos traballadores en pluriactividade de exercicios previos, o impulso do relevo xeracional coa transmisión de negocios xa existentes sen sucesión; a ‘Universidade dop Autónomo’ para fomentar a cultura do emprendemento e apoiar na creación da primeira empresa ou negocio; simplificar trámites administrativos e adoptar medidas para que os autónomos con dereito a pensión que teñan débedas coa Seguridade Social poidan acceder a cobrar a pensión que lles corresponde.
RECTIFICACIÓN PARCIAL
Os senadores do PP tamén sinalaron que “unha vez máis o Goberno de Sánchez cando rectifica, acerta” despois de que se volvera atrás coa aplicación das novas cotas de autónomos. “Con todo é unha rectificación parcial”, explican os populares.
“A proposta que o Goberno Sánchez puxo encima da mesa hai uns días supoñía subidas de ata 2.500 euros ao ano na cota anual. A nova proposta, conxela as cotas a un reducido número de autónomos e sóbena un 2,5% ao resto do colectivo. Esta rectificación do Goberno, non nace da convicción, senón da presión dos autónomos e da oposición. Pero nin era bo antes, nin é bo agora.”
Todos estes bandados evidencian “a incompetencia dun Goberno que non pensa na xente e, moito menos, nos traballadores. Para Sánchez, para a esquerda, cando falta diñeiro, o primeiro peto ao que mirar é sempre o do autónomo”.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



