Burela, 22 de outubro de 2025. O vindeiro venres 24 de outubro, o Concello de Burela celebrará a inauguración do molde do faro, unha intervención artística e patrimonial que pon en valor a memoria mariñeira e a identidade colectiva da vila.
A estrutura metálica, reparada e instalada no paseo da Marosa, forma parte do proxecto “O Espello do Faro”, promovido polo Concello de Burela no marco da iniciativa Burela Alumea, que conta co financiamento do FEMPA a través do GALP A Mariña – Ortegal.
O molde, empregado na reparación do Faro de Burela tras o temporal de 2014, converteuse nun elemento simbólico para a veciñanza. Agora, recobra nova vida combinándose coa intervención artística de David Catá, titulada “La piel del mar”, que transforma o conxunto nun espazo patrimonial onde se entrelazan tradición, arte contemporánea e participación social.
O acto de inauguración contará coa benvida institucional da alcaldesa de Burela, Carmela López, e do presidente do GALP A Mariña Ortegal, Javier Martínez. A continuación, realizarase un percorrido polas actividades do proxecto, seguido dunha performance artística a cargo de David Catá, coa que se inaugurará oficialmente o novo espazo. O evento rematará cunha degustación de produto pesqueiro local, poñendo en valor a calidade e o saber facer do sector mariñeiro da comarca.
A inauguración comezará ás 17.00 horas do venres 24 de outubro no paseo da Marosa, e está aberta á participación de toda a veciñanza.
“O Espello do Faro” preséntase como un símbolo do diálogo entre o pasado e o presente, un espello que une testemuñas materiais e inmateriais de Burela e reflicte a súa esencia mariñeira. No proxecto colaboraron as redeiras Cabo Burela, a Asociación de Encaixeiras, a Asociación A Moncloa e o grupo de participación adolescente, consolidando así unha proposta coral e integradora.
Con esta inauguración, Burela consolida un novo espazo de referencia para a veciñanza e visitantes, un punto de encontro entre arte, memoria e comunidade, que reforza a identidade mariñeira da vila e a súa aposta pola creación cultural vinculada ao territorio.





















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



