O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que o Goberno galego mobilizou este ano na Comunidade máis de 180M€ en programas do Igape, e 40,7M€ para preto de 8.700 autónomos
Viveiro, 25 de outubro de 2025. Un centenar de persoas participaron hoxe en Viveiro no foro económico “Unha mirada ao futuro de Viveiro e A Mariña”, impulsado pola Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) no marco da iniciativa Conecta Lugo.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, afirmou durante a clausura que a xornada foi concibida “como un espazo de aprendizaxe e de conexión real entre persoas, proxectos e ideas”, con achegas desde o ámbito empresarial e asociativo, as administracións públicas e a Universidade. Incluíu unha conferencia sobre “A oportunidade dunha Galicia industrial verde e sostible”, e dúas mesas redondas acerca do futuro de Viveiro e dos sectores estratéxicos da Mariña, con especial atención ao forestal.
Arias subliñou o apoio do Goberno galego ao tecido produtivo, facilitando financiamento para a posta en marcha e consolidación dos proxectos. Entre outras achegas, afirmou, o IGAPE mobiliza este ano no conxunto da Comunidade máis de 180 M€ en axudas e créditos brandos para pequenas e medianas empresas, cooperativas e emprendedores. No mesmo período, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destina máis de 40,7 M€ para beneficiar preto de 8.700 autónomos galegos.
O delegado destacou o importante labor de asesoramento que tamén realiza a Xunta a través da Rede de polos de emprendemento ou desde a Oficina Económica de Galicia, “un acompañamento directo, áxil e personalizado para materializar unha idea de negocio, acceder ás axudas dispoñibles e reducir trámites administrativos”.
Neste marco, sinalou que os foros do Conecta Lugo son inspiradores grazas “aos exemplos de empresas locais en crecemento, que demostran que na contorna temos grandes referentes emprendedores e que o futuro constrúese con visión e compromiso”.






















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



