O encontro, que se disputará o 7 de outubro no pavillón municipal, enfrontará á selección española coa selección portuguesa
Vilalba, 3 de outubro de 2025. O salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba acolleu esta mañá a presentación oficial do partido amigable que enfrontará á selección española de fútbol sala feminino contra Portugal o vindeiro martes, 7 de outubro, no pavillón municipal de Vilalba.
No acto participaron a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco; o presidente da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto; a seleccionadora absoluta de fútbol sala feminino, Clàudia Pons; o responsable do Comité Nacional de fútbol sala, Paco Sedano; e o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Cadramón.
“É unha honra para Vilalba converterse en sede dun encontro deste nivel, e tamén unha oportunidade para achegar aos veciños e veciñas, especialmente á mocidade, un deporte en auxe como é o fútbol sala feminino”, destacou a rexedora vilalbesa, Marta Rouco.
O partido disputarase o vindeiro martes, 7 de outubro, ás 19:30 horas no pavillón municipal de Vilalba e enfrontará á selección española coa selección portuguesa, dous referentes internacionais nesta disciplina.
A cita será aberta ao público e retransmitirase a través da canle Teledeporte, convertendo a Vilalba nun punto de encontro para afeccionados e afeccionadas ao deporte de toda a contorna.
Para este evento o Concello de Vilalba presta á Federación Galega de Fútbol tanto un apoio económico como a cesión das instalacións municipais, que acollerán os adestramentos e o propio partido durante a estadía das seleccións española e portuguesa.
“En Vilalba temos un equipo feminino de fútbol sala que compite na segunda división nacional e que na pasada tempada estivo a piques de ascender á primeira. Para nós é moi especial que as nenas e mozas da vila poidan inspirarse nas mellores xogadoras do mundo xusto aquí, na súa casa”, salientou Marta Rouco.
Dende o goberno local destacan tamén o impacto positivo que terá este encontro a nivel social, deportivo e económico para o municipio; ao tempo que agradecen á Real Federación Galega de Fútbol e á Real Federación Española a súa aposta por Vilalba.




















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



