Viveiro, 7 de outubro de 2025. A Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Viveiro abre a convocatoria para atopar persoas voluntarias que queiran colaborar co “Proxecto de apoio educativo, lecer e tempo libre” durante o curso escolar 2025/2026. O obxectivo principal é axudar a menores en idade escolar obrigatoria, que se atopan en desvantaxe social, mellorando as súas competencias académicas, sociais e de relacións.
Desde a Oficina de Voluntariado sublíñase que, aínda que se valorará a formación na área educativa e social, non é necesario ser docente para participar.
A atención e o apoio realizaríanse os luns e os mércores, entre as 16:00 h. e as 20:00 h.
O horario será flexible e adaptarase á dispoñibilidade de cada voluntario/a.
As persoas interesadas en colaborar teñen que contactar coa Oficina Municipal de Voluntariado (Centro de Servizos Sociais) para formalizar a súa colaboración.
Teléfonos: Poden chamar de luns a venres en horario de 9:00h a 14:00h aos números 982 550 421 / 604 046 956.
Correo electrónico: Tamén poden enviar un email a mli.voluntariado@viveiro.es.