Viveiro, 1 de outubro, 2025. O grupo socialista explica que Superarte foi unha mostra de teatro para persoas con diversidade funcional impulsada polo Concello de Viveiro dende a Concellería de Cultura, dentro do programa “Viveiro inclúe”, e que se celebrou durante seis edicións consecutivas ó longo de seis anos, consolidándose como un proxecto pioneiro en Galicia na promoción da inclusión e da visibilidade das persoas con discapacidade.
Tratábase dun evento singular, xa que cada edición estaba adicada a unha discapacidade ou enfermidade concreta, contando coa colaboracióndas asociacións especializadas correspondentes. Deste xeito, lográbase dar protagonismo e visibilidade ás diferentes realidades das diversidades funcional, ó tempo que se achegaba á sociedade unha visión positiva, integradora e enriquecedora.
Cada edición incluía no só representacións teatrais, senón tamén obradoiros, exposicións e actividadess de sensibilización en colexios e institutos, e outras propostas culturais que contribuían a educar en valores de respecto, igualdade e integración. O impacto de Superarte foi recoñecido tanto no ámbito local como autonómico pero tamén chegou a despuntar no territorio nacional, situando a Viveiro como referente en cultura inclusiva.
“Porén, temos entendido que este ano non se organiza Superarte debido ó cambio de bases da subvención que viña concedendo a Xunta de Galicia. Este ano non a podería pedir o Concello, pero sí entendemos que asociacións que colaboran, si que poderían facelo, e non se falou con elas ata donde nos sabemos. Tanto en 2023 como en 2024, o orzamento do programa ascendeu a 7.780 €, dos cales 2.000 € foron aportado a través de subvención da Xunta de Galicia”.
“Ademáis compre lembrar que a anterior concelleira de cultura Lara Fernández chegou ofrecer á actual Alcaldesa a súa colaboración persoal, de xeito voluntario e desinteresado, para buscar unha solución que fixese posible manter Superarte. Isto demostra que, máis aló das dificultades administrativas, o que se necesita é vontade política e compromiso para non perder un proxecto pioneiro e de alto valor social e cultural”.
E por todo o exposto, é polo que o Grupo Municipal do Grupo Municipal do PSdG-PSOE de Viveiro somete á aprobación polo Pleno deste Concello esta moción, propoñendodo a adopción dos seguintes acordos:
1. Continuar coa celebración de Superarte como mostra de Teatro de persoas con Diversidade Funcional.
2. Buscar fórmulas que garantan a súa continuidade, xa sexa a través dalgunha asociación, doutras líneas de axuda o cunha partida municial.
3. Comprometerse a que non se deixe de facer Superarte únicamente por razóns administrativas ligadas ó cambio de bases da Subvención
Mantemento dos xardins Noriega Varela
No ano 2010, con motivo da conmemoración do bicentenario do afundimento da Fragata Magdalena e do Bergantín Palomo, acontecido o 3 de novembro de 1810 na praia de Covas, o Concello de Viveiro constituíu unha comisión integrada por todos os grupos da Corporación Municipal e distintas asociacións locais e outras Entidades e Administracións. O obxectivo foi programar durante todo aquel ano unha ampla axenda de actos en lembranza dunha efeméride histórica de gran relevancia para a cidade.
Entre as iniciativas desenvolvidas, trasladáronse desde o Parque Pernas Peón dous cañóns, así como un obús de Rovira que se atopaba na rotonda fronte á Oficina de Turismo. A través do obradoiro de carpintería da Deputación de Lugo elaboráronse as correspondentes cureñas de madeira, e por parte do carpinteiro municipal unha tronera, que co tempo foron reparadas en varias ocasións para asegurar a súa conservación e boa visibilidade. Estes elementos convertéronse nun atractivo tanto para turistas como para veciños e veciñas de Viveiro, sendo ademais obxecto de numerosas fotografías.
“Non obstante, dende hai tempo obsérvase un claro abandono no seu mantemento. A cabullería está totalmente desfeita, e xa non se percibe a reprodución fiel do aspecto orixinal que buscaba representar a colocación dun cañón na cuberta dun barco da Armada. Ademais, detéctase un uso inadecuado destes elementos por parte dalgúns nenos, que os empregan como se foran xogos de parque, cando en realidade son vestixios históricos de gran valor simbólico”.
“Hai meses, xa advertimos desta situación aproveitando un rogo sobre os xardíns no Pleno. Incluso o concelleiro Vicente Chao recoñeceu que se tomaría nota para acometer as reparacións correspondentes, mais, ata o momento, non se fixo absolutamente nada, e os cañóns seguen en estado de abandono”.
Por todo isto, o Grupo Municipal Socialista roga ao Goberno Local:
1. Que proceda con urxencia ao mantemento e reparación dos cañóns e do obús, incluíndo as súas cureñas e cabullería.
2. Que se adopten medidas para evitar o uso inadecuado destes elementos como xogos infantís.
3. Que se poña en valor este patrimonio histórico, un dos poucos vestixios materiais que conserva Viveiro da súa historia marítima, e que foi recoñecido por diferentes estudiosos sobre a materia.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



