Foz, 4 de novembro, 2025. A Aula Universitaria da UNED de Foz vén de presentar a súa programación de actividades para o mes de novembro, cunha oferta que combina a posta en valor do patrimonio natural da comarca e a aprendizaxe práctica de habilidades creativas.
A primeira proposta leva por título “Outono nas ribeiras do río Ouro” e terá lugar o xoves 13 de novembro, de 16:00 a 18:00 horas, cun roteiro interpretativo de 3 quilómetros de percorrido. A saída será dende a área recreativa de Fazouro. Trátase dun paseo guiado pola desembocadura do río Ouro, no que se falará da flora e da fauna outonal que habita neste ecosistema, así como das súas particularidades e curiosidades. O roteiro estará guiado por Pedro Rolle, bombeiro forestal, experto en biodiversidade da zona e autor do caderno “Flores de primavera do Valadouro”. A actividade é de balde, mais require inscrición previa.
A segunda cita será o martes 19 de novembro, de 20:00 a 22:00 horas, e consistirá nun obradoiro práctico de empaquetado creativo, orientado a preparar agasallos cunha presentación coidada e orixinal, ideal para a vindeira campaña de Nadal. O taller será impartido por Ángeles Casas Marful, especialista en escaparatismo e técnicas de empaquetado creativo. Neste obradoiro aprenderanse técnicas sinxelas pero vistosas para envolver paquetes de maneira diferente, aportando un valor engadido tanto a nivel persoal como comercial. A actividade ten un custe de 5 euros por persoa e tamén require inscrición previa.
A coordinadora da Aula da UNED en Foz, Marta Muiña, destacou que estas propostas buscan “achegar á comunidade actividades formativas e culturais accesibles, que conecten co territorio e coa vida cotiá das persoas”. Engadiu ademais que “o roteiro é unha oportunidade magnífica para coñecer de preto un espazo natural único, mentres que o obradoiro de empaquetado permitirá desenvolver a creatividade de cara ao Nadal”.
Pola súa banda, a concelleira de Educación e Cultura, Elena Martínez, sinalou que “desde o Concello de Foz apoiamos con entusiasmo este tipo de iniciativas, que consolidan a Aula da UNED como un espazo activo, dinámico e aberto a toda a veciñanza”.
Recordan, ademáis, que o período de matrícula para os estudos universitarios na UNED está aberto ata o 4 de novembro, podendo realizar calquera trámite a través da páxina web da UNED, presencialmente na aula de Foz en horario de 9 a 14 h, nos teléfonos 982.133.699 ou 604.034.549 ou no correo electrónico foz@lugo.uned.es .






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



