Lamentable, unha vez máis a actitude do Bng no tocante á Residencia. Non sabemos se non se entenden entre eles ou non se comunican, pero demostran unha falta de coordinación, unha falta de entendemento, unha falta de principios e de valores e un non saber o lugar que ocupan bastante preocupante.
Certo é que actúan cada un pola súa conta dende fai moito tempo. Temos a parte “b” que pouco se ve, a parte “n” que ambiciona outros sitios e pouco lle importa Ribadeo e moito menos os ribadenses e a parte “g” que critica absolutamente todo, seguramente por ser fiel seguidor da UPG. En calquera caso, usar a Residencia como arma arroxadiza e de ataque neste momento, é non saber o que se di e dende logo unha falta de lealdade a Ribadeo e ós ribadenses. Non o decimos nós, que tamén!! Ata o din os técnicos municipais, o Secretario, Intervención e por suposto os técnicos directos que levaron a obra. É lamentable a actitude porque a oposición foi informada de todo, como sempre se fai. Dende o goberno, xunto ó Secretario e a Interventora, informouse do que pasou e tamén dos pasos que se estaban dando e pareceulles o correcto.
Informouse que a empresa Naray presentou concurso de acreedores e nós rápidamente falamos con eles para pedirlles que renunciara á obra, o cal xa fixo. Pola nosa parte estamos elaborando a actualización dos precios do proxecto que quedaba, concretamente o 13%. E decir:
¿Cánto costaba a obra? 228.000€
¿Cánto orzamento había? 228.000€
¿Cánto costa despóis da actualización de precios? Incrementouse en 160.000€ que por certo, xa están xestionados. E de paso outros 160.000€ para equipamento de cociña e lavandería.
¿Cómo estamos neste momento? Na fase de actualización de precios e para licitar a obra que queda, e decir, ese 13% máis equipamento de lavandería e cociña porque xa temos 320.000€ xestionados que xunto ós 700.000€ iniciais, supera o millón de euros xestionados por este goberno ante a Xunta de Galicia.
¿Qué critica o Bng?, ¿Qué explicacións pide o Bng? Dado que na comisión estaba dacordo, ou ben “cambia de opinión” con moita facilidade, que está moi de moda ou influenciado polo radicalismo da UPG, se vexa na obriga de decir cousas que nin pensa porque realmente, quen ten que dar explicacións sobre a Residencia é o propio Bng. Quizáis debería explicar, se o sabe, por qué encargou, ou mellor dito, obrigou a facer un proxecto da Residencia mantendo a vivenda das relixiosas e a Capilla, sabendo perfectamente, porque xa eran coñecedores de que a xestión ía ser diferente… Aínda sabendo que non ían volver, obrigaron ós técnicos a manter a parte destinada á residencia das monxas e a parte da capilla. O mellor non daba tempo a redactalo todo e había que intentar sacar, unha vez máis, rédito político a costa dunha residencia e houbo que facelo rápido, correndo e sen ningún criterio para chegar a tempo e “vender” que xa había un proxecto. A realidade é que sí había un proxecto pero un proxecto que houbo que modificar en parte pola pouca responsabilidade do Bng. Esa é a lealdade a Ribadeo e ás persoas usuarias da Residencia, deses que agora nos veñen pedindo explicacións e veñen dando leccións de cómo se goberna. Por suposto, a residencia das monxas será para uso de máis usuarios e a parte destinada a capilla convertirase nunha sala multifuncional porque nós sí pensamos nos usuarios. Iso sí é pensar nas persoas que van vivir alí, porque gobernar non é escoitarse a un mesmo. En fin… a estas alturas e vendo cómo deixaron todo despóis de preto de vinte anos, ¿a quén pretenden enganar?



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



