A Xunta achegará o 80% do orzamento total e o Concello asumirá o 20% restante
Cariño, 14 de novembro, 2025. O Concello de Cariño adxudicou as obras de acondicionamento e rehabilitación do pavillón polideportivo municipal, unha actuación prioritaria para o goberno local que permitirá recuperar un espazo esencial para a actividade deportiva, educativa e comunitaria tras case dous anos en desuso. Os traballos foron adxudicados á empresa Calicanto Obras e Proxectos SL por un importe de 193.837,72 euros (234.543,64 euros IVE incluído).
A actuación está financiada mediante o convenio asinado o pasado mes de xullo entre o Concello e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. En virtude deste acordo, a Xunta achegará o 80% do orzamento total e o Concello asumirá o 20% restante.
O proxecto permitirá resolver as deficiencias estruturais detectadas no edificio, pechado desde hai case dous anos debido á deterioración provocada por filtracións, humidades e danos importantes na pista de madeira. As obras inclúen a reparación integral da cuberta, a renovación completa da pista deportiva, a substitución de portas deterioradas e a adecuación das saídas de evacuación á normativa vixente. Así mesmo, procederase á retirada das chapas de fibrocemento instaladas fai máis de cincuenta anos, cumprindo coa lexislación actual en materia de residuos e seguridade.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destacou que “esta actuación supone una mejora muy esperada por todo el vecindario, que llevaba casi dos años sin poder utilizar un espacio esencial para la vida deportiva y comunitaria de Cariño”. A rexedora sinalou ademais que se trata de “un paso firme para recuperar un servicio público fundamental y devolver a la ciudadanía un recinto seguro, renovado y a la altura de lo que merece”.
Con esta intervención dáse resposta a unha demanda histórica da veciñanza e avánzase na mellora das dotacións públicas do municipio, cumprindo un dos obxectivos marcados polo actual executivo local desde a súa chegada á Casa do Concello en 2023.
Adxudicada tamén a renovación da instalación fotovoltaica da piscina municipal
Do mesmo xeito, o Concello de Cariño adxudicou a renovación da instalación fotovoltaica da piscina municipal, unha actuación necesaria tras detectarse fallos irreparables nos investidores instalados en 2009. O contrato foi outorgado á empresa PSM Connect Systems SL, que presentou unha oferta de 12.832,12 euros (15.626,87 euros IVE incluído).
Esta intervención, levada a cabo mediante un convenio coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, permitirá garantir o funcionamento eficiente do sistema solar e mellorar o rendemento enerxético das instalacións deportivas municipais.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



