A Mariña, 30 de novembro de 2025. A Praza da Mariña acolleu o quinto e derradeiro sorteo da campaña “De compras polo comercio da Mariña Lucense”, organizado pola FCAM.
Tres foron as persoas afortunadas con vales de compra por importe de 250, 150 e 100 euros, respectivamente, que lles foron entregados polos convidados especiais que pasaron esta fin de semana en Burela: Ángel de la Cruz, director, guionista e produtor de cine, que conta no seu haber, entre outros, con tres premios Goya e tres Mestre Mateo; Estíbaliz Veiga, actriz, presentadora, pedagoga teatral e coach, guionista e articulista; María Solar, escritora, periodista, presentadora na TVG e na Radio Galega e Premio Xerais de Novela 2022; e Guido Guía, guía oficial de turismo de Galicia, turismólogo, profesor-titor no Grao de Turismo da Uned de Lugo. No acto tamén participaron a alcaldesa de Burela, Carmela López; a concelleira de Comercio, Lina Gómez; a directora xeral de Relacións Institucións da Xunta, Sandra Vázquez; así como Isabel Castro e Raisa Fanego, representantes de Acia Burela.
Os convidados visitaron o barco museo Reina del Carmen e saborearon a excelente gastronomía desta zona.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



