Oscos, 21 de novembro, 2025. O Centro para o Desenvolvemento da Comarca Oscos-Eo (CEDER Oscos-Eo) acollerá os días 27, 28 e 29 de novembro a un grupo de estudantes do máster en Desenvolvemento Rural da Universidade de Harvard, en colaboración académica co Instituto
de Investigación Urbana de Barcelona (IDRA).
Durante a súa estancia, os estudantes terán a oportunidade de coñecer de primeira man
a comarca e avanzar no seu proxecto de fin de #máster, centrado na identificación de oportunidades de desenvolvemento sostible en Oscos-Eo.
A comarca de Oscos-Eo destaca pola súa riqueza ecolóxica e paisaxística pero afronta
actualmente importantes desafíos socioeconómicos, entre eles o despoboamento
continuado, o envellecemento demográfico e a falta de substitución xeracional. Desde
o CEDER Oscos-Eo confían en que as propostas destes novos alumnos de HARVARD
contribúan a identificar novas actividades económicas viables, capaces de implantarse
na comarca e de favorecer a recuperación da pirámide poboacional.
PROGRAMA
Xoves 27 de novembro
Mañá:
9:30 – Recepción co alcalde de Castropol.
10:00 – Visita guiada ao CEP (Centro de Experimentación Pesqueira).
11:00 – Visita á granxa de recoiro Ostrastur en barco.
12:00 – Visita a Estaleiros Gondán.
Tarde:
16:00 – Visita a Estaleiros Pacho: taller tradicional de carpintería de ribeira.
Venres 28 de novembro
Mañá:
10:30 – Sesión de traballo e visita ás oficinas do CEDER en Vegadeo
Tarde:
15:00 – Visita ao Taller de Cuchillería de Taramundi (fábrica) e ao Museo da Cuchillería
Sábado 29 de novembro
Mañá:
10:00 – Camiñada pola parte alta da ría (Ría de Abres) e visita a Amaído, en San Tirso,
para coñecer o proxecto de agroturismo.
Tarde:
15:00 – Percorrido polas antigas minas de ferro, incluíndo experiencia en tirolesa.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



