Representantes do PP lucense mantiveron unha reunión con representantes de asociacións preocupadas por este “problema social” que está a afectar a familias da cidade e da provincia
Lugo, 21 de novembro de 2025. O PP da provincia de Lugo toma “moi en serio” o problema da okupación ilegal de vivendas e, do mesmo xeito, tamén da inquiokupación. “Traballamos na defensa da seguridade e na protección do dereito á propiedade privada”, apuntaron.
Os populares mantiveron unha reunión con representantes de asociacións e colectivos preocupados por este fenómeno social que afecta a familias lucenses na que participaron os senadores José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, o secretario xeral do PP lucense, Javier Vázquez Nodal, o portavoz provincial, Antonio Ameijide, e o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, municipio onde se rexistrou recentemente o último caso de okupación ilegal dunha vivenda coñecido na provincia.
Os senadores explicaron que esta mesma semana a Cámara Alta aprobaba -co voto en contra do PSOE e do BNG- a toma en consideración dunha Proposición de Ley presentada polo Partido Popular para modificar o Código Penal para que o corte das subministracións dunha vivenda okupada non sexa considerado delito de coacción.
“É absurdo que cortar a luz ou a auga a un okupa poida considerarse un delito e que o propietario teña que manter as subministracións a quen lle okupa ilegalmente a súa vivenda”, consideran os populares. Nese sentido, explican que “a Audiencia Provincial de Barcelona considerou que cortar subministracións a un inmoble okupado ilegalmente non é coacción; pero é preciso converter este criterio xudicial nunha norma válida para toda España”.
A proposta do Partido Popular dirixirase agora ao Congreso dos Deputados “onde agardamos que non quede nun caixón como moitas outras Leis Feijóo aprobadas no Senado e que están bloqueadas na Mesa do Congreso, entre elas, a coñecida como Ley Antiokupación -con luz verde no Senado dende febreiro de 2024 a pesar do voto en contra do PSOE e do BNG- que recolle o desaloxo exprés, en 24 horas; impide o empadroamento nas vivendas okupadas ilegalmente e dá seguridade xurídica aos propietarios e para os alugueiros”.
Os populares lucenses fan un chamamento para que o Goberno de Sánchez e o PSOE non sigan protexendo aos que incumpren a lei: “póñanse do lado das familias, da xente que adquiriu unha vivenda co seu traballo e esforzo”.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



