Nun acto aberto ao público, terá lugar ás 20.30 horas na Sala Multiusos do Concello
Viveiro, 22 de novembro de 2025. O Concello de Viveiro acollerá o venres 28 de novembro ás 20.30 horas o acto de entrega do VII Premio de Novela Vilar Ponte. A cerimonia, aberta ao público, terá lugar na Sala Multiusos do consistorio. O galardón, impulsado para poñer en valor a creación literaria en lingua galega e a figura dos irmáns Vilar Ponte, reúne cada ano a autores e autoras de referencia no panorama narrativo actual.
Nesta edición, a novela gañadora é «A dous pasos do Edén», de Pura Salceda Carballeda, mentres que Ignacio Vidal Portabales foi seleccionado como finalista polo xurado.
A entrega estará amenizada cunha actuación musical a cargo do grupo de corda do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro (CMUS). O Concello convida á cidadanía a asistir a esta celebración cultural, aberta ao público, e a acompañar as persoas premiadas nunha nova edición dun certame que consolida a Viveiro como referencia na promoción da literatura galega.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



