Viveiro, 17 de novembro, 2025. A pasada fin de semana celebrouse no restaurante Louzao de Area un emotivo reencontro dos antigos alumnos e alumnas do Colexio Pedrosa Latas de Celeiro, que este ano cumpriron 60 anos de edade, “como se soe decir da quinta do 65”, pertencentes ás promocións que cursaron estudos a finais dos anos 60, durante a década dos 70 e comezos dos 80. A xuntanza, organizada con motivo de que este grupo de compañeiros acaba de cumprir 60 anos de idade, reuniu finalmente a 27 participantes.
Malia que algúns antigos estudantes non puideron asistir por diferentes motivos, o ambiente foi marcadamente entrañable e festivo. Para moitos, foi unha oportunidade única para recuperar amizades, compartir lembranzas da infancia e da adolescencia, e recordar a importancia que aquela etapa educativa tivo nas súas vidas.
Un dos momentos máis significativos da xornada foi a homenaxe ao compañeiro José Ramón Pino Pérez, coñecido como “Cachón”, falecido hai xa catro anos. En sinal de recordo e respecto, unha representación do grupo achegouse ao cemiterio para depositar un ramo de flores no seu nome. O xesto foi salientado polos asistentes como unha maneira de manter vivo o seu recordo e facelo partícipe do reencontro.
A organización destacou que esta xeración nunca chegara a celebrar as efemérides habituais que outras promocións adoitan conmemorar, como os 40 ou os 50 anos. Por iso, este encontro dos 60 adquiriu un valor especial, consolidándose como unha celebración única e moi agardada.
A comida de confraternidade estendeuse durante varias horas, na que non faltaron fotografías antigas, anécdotas, risas e emocións. Moitos dos asistentes expresaron o seu desexo de repetir a experiencia no futuro e de manter o vínculo que se formou na súa etapa escolar.
O reencontro rematou cun agradecemento xeralizado a todos os participantes, tanto aos presentes como aos que, por diversos motivos, non puideron achegarse pero continúan formando parte desta historia común.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



