Ribadeo, 10 de novembro de 2025. Ribadeo mellora os seus aparcadoiros en colaboración coa Xunta de Galicia. Primeiro actuou nos situados en Daniel Cortezón, despois no do Ramón González e agora no de Rosalía de Castro.
O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos mellorando as nosas infraestruturas, e neste caso falamos dos aparcadoiros municipais, que non son de titularidade municipal, pero si que xestiona temporalmente o Concello. Temos que ser conscientes que non é fácil, non se lles pode aplicar aglomerado porque evidentemente o Concello non o pode facer, porque non son de titularidade propia, pero si que hai que facer un esforzo para mellorar estes aparcadoiros, porque realmente eran lameiros”.
O rexedor lembrou: “xa o dixemos, cando estabamos na oposición, que había que investir e buscar algunha solución. Qué fixemos? Primeiro, analizamos que material pode evitar, por exemplo, na avenida Rosalía de Castro, onde había unha nube de po por todos os sitios, que causaba problemas incluso nos comercios, na hostalería e, sendo conscientes e coñecedores desta problemática, aplicamos restos de aglomerado con zahorra e iso fai un compactado perfecto. Realizámolo na Avenida Rosalía de Castro, tamén en Daniel Cortezón e no aparcadoiro da rúa Ramón González”.
Vega dixo que “nestes tres empezamos a traballar e así paulatinamente iremos mellorando aqueles espazos onde consideramos que hai unha alta intensidade de vehículos aparcados e polo tanto debemos actuar. Somos coñecedores de que estes aparcadoiros son temporais e por iso estamos traballando na creación de espazos que sexan de titularidade municipal e poidamos facer xa aparcadoiros con rematado en aglomerado e iso é un firme mellor”.
O alcalde ribadense engadiu: “pouquiño a pouco o obxectivo é mellorar estes espazos temporais con este tipo de material, solo de restos de aglomerado con zahorra que evita eses lameiros que existían ou toda esa densidade de po, que por exemplo había en Rosalía de Castro. Esta inversión tamén en colaboración coa Xunta de Galicia fai que se melloren todos os aparcadoiros de Ribadeo”.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



