A Xunta de Goberno deste venres sacou adiante catro acordos en diferentes municipios da Terra Chá, a Ribeira Sacra e a Mariña lucense para financiar proxectos que teñen que ver coa renovación de parques, instalacións deportivas ou equipamentos municipais
Lugo, 5 de decembro de 2025. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou 409.652€ para diferentes concellos da Terra Chá, A Ribeira Sacra e A Mariña lucense desenvolvan actuacións que teñen que ver coa renovación de parques, instalacións deportivas e equipamentos municipais. Así o informou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, quen detallou que “tamén se deu luz verde a unha colaboración que reforzará o tecido asociativo da provincia”.
Nese sentido, a Deputación de Lugo aprobou destinar 50.000€ á Asociación Provincial de Reparación e Venta de Automóbiles e Recambios (APREVAR) para a creación dun novo módulo para a formación práctica do alumnado en vehículos híbridos, eléctricos e de hidróxeno. Rivera Capón destacou que “coa rápida evolución que está a vivir o sector da automoción, é necesario que APREVAR modernice e actualice as súas instalacións, garantindo así unha formación axeitada e acorde aos novos modelos e tecnoloxías que están a marcar o futuro do transporte”.
Con este investimento crearase un box na planta baixa, onde agora hai un almacén de carrocería; e ampliarase a aula de formación para adaptala á normativa do Ministerio. As obras que se van realizar implican o desmontado de tabiques e portas; o revestimento do teito e o chan; e a construción de divisións novas, entre outras actuacións.
Pablo Rivera recordou que a institución provincial apoia “de forma constante a esta entidade que leva case 50 anos representando e defendendo os intereses dos empresarios do sector da automoción da provincia”. Nesta liña, recordou que “recentemente, achegamos 40.000€ a APREVAR para comprar as instalacións de 2.500 metros cadrados que utilizan na Campiña; e destinamos outros 35.000 para formación semipresencial e dixitalización de contidos”.
Novos investimentos en Quiroga, Guitiriz, Xermade e Lourenzá
En canto aos outros acordos aos que tamén se deu luz verde nesta Xunta de Goberno, o Deputado provincial avanzou que “contribuirán a crear contornas máis seguras e atractivas que favorecerán a práctica deportiva e o ocio saudable”.
En Quiroga aprobouse un investimento de 50.000 euros para o acondicionamento e a renovación do Parque da Constitución, do Parque da Igrexa e do Parque da Praza de España. Entre as melloras que se van realizar destacan:
– No Parque da Constitución: renovarase a zona do areeiro infantil para mellorar a seguridade deste espazo; retiraranse os elementos deteriorados; instalarase unha tirolina e colocarase pavimento de caucho así como novos equipos de xogo infantil.
– No Parque da Igrexa: substituiranse varios elementos de xogo; arranxarase o pavimento de pedra e recolocaranse as lousas de caucho.
– No parque da Praza de España incorporarase un elemento de sombra para mellorar o confort deste espazo especialmente nos meses de maior calor.
En Guitiriz destínase un investimento de 50.000€ para as seguintes actuacións:
– Adquirir equipamento deportivo para o ximnasio municipal, unha instalación que se atopa en pleno núcleo urbano e é moi empregada por clubs e veciños do municipio. Con esta actuación mellorarase o equipamento deportivo deste complexo, unha dotación que contará con pesas de man ou discos entre outros elementos.
– Tamén relacionado co ámbito deportivo, este acordo servirá para incorporar un equipo de son para o pavillón municipal, lugar onde se desenvolven moitas actividades como ximnasia rítmica ou fútbol sala.
– Por último, realizarase o peche do campo da feira co que se mellorarán as condicións de uso e seguridade deste espazo que se atopa nunha vía de tránsito rodado.
En Xermade aprobouse un investimento de 50.000€ para:
– Ampliar o parque infantil situado na contorna do CEIP Plurilingüe no que se instalará pavimento de caucho; módulos de valado e varios xogos como bambáns ou balancís.
– E axudar ao Concello de Xermade a financiar a modificación dun proxecto que rehabilitará con fondos europeos a casa reitoral para convertela nun Centro Internacional da Torneiría.
Por último, en Lourenzá deuse luz verde a 209.652€ para realizar as seguintes melloras:
– Reformar o acceso ao centro de día; rexenerar beirarrúas na rúa Secretario Luís Iglesias; renovar o pavimento de vivendas sociais; mellorar a accesibilidade e as instalacións da piscina municipal; arranxar o chan da Ponte da Pedra; acondicionar zonas verdes e tapizar as butacas do salón de actos da casa consistorial.
– Ademais, tamén se contempla a colaboración con actividades culturais como o entroido, o Nadal, ou propostas teatrais; e tamén eventos deportivos entre os que se inclúe o torneo de baloncesto de Lourenzá en xogo ou a milla popular.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



