Ribadeo, 5 de decembro, 2025. O grupo municipal do Bloque de Ribadeo denuncia que se seguen formando vertedoiros ilegais en certos puntos do termo municipal como Lexoso e solicita ao goberno municipal un maior control e vixilancia así como unha actuación inmediata para eliminar estes vertidos que poñen en risco o medio ambiente e zonas verdes sensibles do Concello.
O voceiro do Bloque, Pablo Vizoso explica que: “Unha vez máis, en puntos concretos como Lexoso, de xeito descontrolado, vemos como se están tirando restos de lixo de diversa orixe e procedencia en lugares non habilitados para iso e creando pouco a pouco un vertedoiro ilegal. No caso sinalado, cun punto de captación de auga ao lado parécenos aínda máis perigoso e queremos solicitarlle ao goberno municipal que actúe canto antes e que xestionen a retirada destes residuos que poñen en risco o medio ambiente e zonas verdes importantes e sensibles do termo municipal”.
Vizoso engadiu: “Coidar o medio ambiente é cousa de todas e de todos e debemos facer un chamamento ao civismo e a boa educación das persoas para evitar que se dean estas situacións negativas. Pero como isto non sempre é suficiente, urximos ao goberno municipal a actuar para solucionar canto antes esta problemática”.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



