O Presidente asinou este martes un convenio de colaboración coa presidenta da Mancomunidade e Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, subliñando que “damos continuidade con 25.000€ ao noso compromiso co desenvolvemento turístico da Mariña, cos seus veciños e veciñas e coa xeración de riqueza no territorio”
Lugo, 9 de decembro de 2025. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e a presidenta da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Rocío López, asinaron este martes no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración por importe de 25.000€ que permitirá impulsar á Mariña Lucense como xeodestino de referencia para reforzar a promoción turística da comarca e mellorar o posicionamento da marca A Mariña.
“Con esta achega damos continuidade a colaboración anual coa Mancomunidade Lucense, á que achegamos 25.000€ mantendo o compromiso co desenvolvemento turístico da comarca, cos seus veciños e veciñas e coa xeración de riqueza e emprego a través dun sector estratéxico que combina costa e montaña e ofrece unha experiencia única ao visitante”. José Tomé destacou que o turismo sostible e de calidade desempeña un papel crucial no desenvolvemento económico da Mariña, atraendo visitantes ao longo de todo o ano e deixando un valor no territorio en termos económicos e de emprego.
O convenio permitirá consolidar produtos turísticos sostibles, como o programa Plans con Corazón —16 rutas guiadas nos 16 concellos da Mariña—, os Obradoiros con Corazón xunto aos artesáns e artesás locais, e a rede Turismo Slow Norte de Galicia. Ademais, inclúe recursos para accións de comunicación e marketing, atención aos medios e coordinación das redes sociais da Mancomunidade, elementos clave para reforzar o posicionamento da Mariña tanto en Galicia como no norte de España.
Pola súa banda, a Presidenta da Mancomunidade, Rocío López, agradeceu á Deputación esta renovación, sinalando que “esta colaboración segue a ser imprescindible para realizar accións de promoción e comunicación da Mariña. Grazas a este apoio podemos consolidar os nosos produtos turísticos, dinamizar a comarca durante todo o ano e ofrecer experiencias únicas que poñen en valor a riqueza cultural, natural e gastronómica do noso territorio”.
O xeodestino está formado por tres comarcas ao norte da provincia de Lugo: A MariñaOccidental, A Mariña CentraleA Mariña Oriental. Estas comarcas comprenden 15 concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



