O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que son 65 fotografías cedidas polo Arquivo Histórico Provincial, descritas e datadas coa colaboración de Andrés García Doural
Lugo, 10 de decembro de 2025. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ofrecerá no Pazo de San Tomé de Mondoñedo unha exposición de fotografías de José Pernas Moirón que reflicten a vida na localidade entre as décadas de 1950 e 1960. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, presentou a mostra, que se inaugurará este venres ás 18,00 horas e poderase visitar durante todo o Nadal.
Trátase dunha recompilación de 65 fotografías enmarcadas, descritas e datadas polo Arquivo Histórico Provincial de Lugo, coa colaboración de Andrés García Doural, gran coñecedor de Mondoñedo e das súas xentes.
Pepe Pernas, como era coñecido en Mondoñedo, era fillo doutro grande da fotografía, Santiago Pernas Salazar. Foi un fotógrafo de rúa que captou o acontecer da vila, desde a paisaxe urbana, ata os bailes, as festas, os paseos, os actos relixiosos e sociais, o tempo de lecer e o de traballar, presentando un mosaico de imaxes que retratan o Mondoñedo de mediados do século XX.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



