Viveiro, 10 de decembro, 2025. Os Grupos de Acción Local Pesqueira (GALP) de España, presentes en 44 zonas costeiras e representantes de máis de 1.200 entidades vinculadas ao sector marítimo-pesqueiro, fixeron público un Manifesto en defensa do Desenvolvemento Local Participativo (DLP) e solicitaron unha reunión urxente co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, #Luis Planas, co obxectivo de abordar o futuro do modelo no próximo marco financeiro europeo 2028–2034.
O documento, asinado conxuntamente polos GALP españois, lembra que o DLP é unha ferramenta eficaz, participativa e esencial para a cohesión territorial, con resultados amplamente contrastados: durante o período FEMP 2014–2020, os GALP impulsaron 2.645 proxectos, cun investimento superior a 170 millóns de euros, alcanzando un 96% de execución dos fondos previstos.
O Manifesto destaca que o DLP:
Reforza a cohesión territorial e social das comunidades costeiras.
Impulsa a sustentabilidade, a innovación e a diversificación da Economía Azul.
Facilita a gobernanza compartida entre administracións, sector pesqueiro, empresas e entidades sociais.
Permite financiar proxectos que dificilmente accederían a outras vías de apoio.
Así mesmo, os GALP alertan de que a posible integración do DLP dentro do enfoque LEADER supoñería un retroceso, pois ambos os modelos responden a realidades territoriais e socioeconómicas moi distintas.
Por este motivo, os GALP remitiron unha carta ao ministro Planas solicitando unha reunión urxente para trasladar de maneira directa a posición común do sector e as súas propostas para reforzar o seu papel no próximo FEMPA 2028–2034.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



