Burela, 14 de decembro, 2025. Partido importante para o traballado equipo de Belén Feal, que tras o duro esforzo durante o parón do Mundial non conseguiu materializar en pista. A falta de intensidade e seriedade deu un duro golpe a un equipo que viña en boa racha e que necesitaba puntuar neste encontro ante un rival directo. A primeira parte foi máis competida e parella pero na segunda, o Torcal soubo manexar a situación ante un Burela “achicado” que non se atopou en pista durante os segundos 20 minutos.
Primeira ocasión do partido no minuto 2 en que Silvia Rubal executa un disparo afastado que desvía Andrea por encima do traveseiro. Palomita de Ana Eliza no 4, na primeira ocasión clara do Torcal, na que Susi dispara directo á escuadra. Boísima ocasión de Gabi que recibe de Sandra na área tras unha transición pola banda e que despexa coas mans Andrea. Volve despexar Andrea, esta vez co pé, tras un saque de banda e disparo de Irene. Continúa o encontro con poucos tiros a porta e posesión parella. No 11 dispara Sydorenko escorado e despexa Andrea, aproveitando Irene o rexeite que volve salvar a porteira e chega o 0-1, un remate de Unami nun saque de córner. Últimos 10 minutos con presión alta do Torcal pero poucas ocasións claras do Reyco Burela, ata o último minuto que será para as locais con tres disparos a porta, o primeiro unha cruceta de Cris no 19, outra de Silvia segundos despois e nos últimos segundos, tras un tempo morto pedido por Belén, tentan o empate as burelenses con outro disparo de Silvia que non logra entrar entre os paus.
Primeiros minutos da segunda parte cunha ocasión no 22, salvando Lara un pase da morte que saca a córner e volve salvala no 24 nun momento de perigo na área local. Nunha transición do Torcal no minuto 27, remata desde a área Susi e anota o segundo. Falta perigosa para as visitantes no 28, un disparo directo que roza o travesero e puido anotar o primeiro Gabi nun saque longo de Ana Eliza que remata de cabeza a brasileira pegada ao pau sen lograr excedelo. No minuto 30, sae Sydorenko coa nova camiseta azul, de porteira-xogadora atacando de 5 e logrando manter a posesión durante os próximos minutos pero con poucas ocasións claras. Case a marca Laura Barranco nunha oportunidade clarísima na que Andrea se lle adianta a un remate dende a área, moi cerca da liña de meta. Pau de Alejandra nun segundo disparo tras despexar Ana Eliza a catro minutos do final. Remata fóra coa cabeza Guida no 38 e dispara tamén fóra a portería baleira Barra en pleno xogo de 5 das mariñás. Bonita xogada de Sandra a 12 décimas do final, marchándose de dúas defensoras do Torcal e disparando raso ao pau. A catro décimas comete a sexta falta o Burela e dispara fóra Unami o dobre penalti, no que será o último tiro a porta do partido.
Ficha Técnica Reyco Burela FS 0-2 Nueces de Ronda Atlético Torcal
Reyco Burela FS (0): Ana Eliza; Cris Blanco, Silvia Rubal (C), Laura Barranco, Lara -quinteto inicial-, Sydorenko, Irene, Gabi, Sandra.
Nueces de Ronda Atlético Torcal (2): Andrea; Alejandra, Susi, Guida, Unami –quinteto inicial-, Nicole, Barra, Collado, Sandra, Becha.
Goles: 0-1, min. 12: Unami. 0-2, min. 27: Susi.
Árbitros: Iria de Luis // Roberto Segundo Amor // Andrea de Luis //. Por parte del Reyco Burela vieron la tarjeta amarilla Sydorenko (8′), Silvia Rubal (27′), Gabi (33′) e Irene (36′). Por parte del Atlético Torcal, Alejandra (9′).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 10 de Primeira División Iberdrola FS disputado no pavillón municipal Vista Alegre de Burela.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.

