Viveiro, 1 de decembro, 2025. Como cada ano, as persoas censadas no Concello de Viveiro poderán adquirir abonos normais e Pandemonium para o Resurrection Fest a un prezo reducido.
Esta iniciativa, impulsada polo Concello de Viveiro e Bring The Noise, mantense tamén na edición de 2026, que promete ser a máis grande ata o momento.
Datas e lugar de venda
• Inicio da venda: a partir do 2 de decembro de 2025
• Horario: todos os venres, de 9:00 a 11:00 e de 12:00 a 14:00
• Lugar: Claustro de San Francisco (primeira planta), Viveiro
Pasos para comprar o abono
1. Escanea o código QR dispoñible na oficina dos Claustros de San Francisco.
2. O QR levarate a un formulario online. Cúbreo cos teus datos persoais (nome, apelidos, DNI, correo electrónico…) e preme en Enviar.
3. No mesmo momento, na oficina, comprobarán o formulario, o teu DNI e que figuras no censo de Viveiro.
4. Unha vez verificado, poderás realizar o pago do teu abono normal ou Pandemonium. O pago faise só con tarxeta de crédito/débito.
5. Tras o pago, a persoa encargada rexistrará o teu nome e DNI na entrada e entregarache o abono no mesmo instante.
Aviso importante
• Os abonos son persoais e intransferibles.
• Só poderán usalos as persoas que figuren no censo de Viveiro.
• Non se permite ceder o abono a terceiros.
• Cada persoa só pode adquirir 1 abono.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



