Madrid, 2 de decembro, 2025. “O Partido Popular rexeitou por cuarta vez a proposta do PSOE na Comisión de Industria do Senado para aplicar unha redución do 80% das peaxes eléctricas á industria electrointensiva, medida que beneficiaría de maneira destacada a Alcoa”, explica o senador socialista, César Mogo.
Durante o debate sobre os aranceis na industria do aluminio, o PSOE denunciou que o PP presentou unha iniciativa “de campanario”, ao propoñer medidas que xa se están aplicando desde abril a través do Plan de Resposta e Relanzamento Comercial, dotado con 14.100 millóns de euros en financiamento e avais.
A formación socialista subliñou que a exención das peaxes suporía un aforro do 5% na factura da luz e un impacto de 200 millóns de euros para o conxunto das electrointensivas. A negativa do PP, segundo o PSOE, resulta incoherente, xa que o partido reclama constantemente medidas de abaratamento enerxético pero rexeita apoialas cando se lle propoñen.
O PSOE lembrou ademais que o portavoz de Industria do PP no Congreso, Francisco Conde, comprometérase en outubro ante o Comité de Empresa de Alcoa a apoiar esta medida, polo que acusan ao PP de “enganar con contumacia” aos traballadores.
Con esta nova negativa, o PSOE considera que os senadores do PP en Lugo votan en contra dos intereses reais da veciñanza e dos empregados de Alcoa, unha empresa clave para a comarca da Mariña.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



