Burela, 2 de decembro, 2025. Comeza e remata a Copa Galicia para o equipo masculino do Burela FS, que ao igual que o feminino, disputou os cuartos de final ante o Forma-T Vilalba FS; nesta noite de martes ás 21.00h no Municipal de Vilalba. Primeira parte do Burela que, a pesar do dominio, se vai ao descanso con desventaxa no marcador, logrando empatar no inicio da segunda. Moitas ocasións de gol e moitos minutos de xogo para o xuvenil Walter durante todo o encontro, pero especialmente no segunda parte.
Abre o partido con forza o Burela anotando o 0-1 no primeiro minuto cun gol de penalti de Pitero, e no minuto 5 ocasión clara de Izan que lanza un balón ao pau. En el 7 de novo disparo ao pau, esta vez ao traveseiro e de Jason e chega o empate do Vilalba, un gol de Javi que a mete rozando o largueiro. Dominio do balón do Burela durante toda a primeira parte, que presiona na área visitante, pero a un minuto do final, nunha contra e disparo de Longo que toca en Izan chega o 2-1. Continúa atacando o Burela e volve a enviala ao pau Jason. A dous segundos do final da primeira parte falta perigosa que saca Izan e tras unha combinación con Marquinho finaliza Jason volvendo a mandala ao pau.
Doble ocasión para o Burela no minuto 2 na que Jason e Pitero o intentan atopándose os dous con Tini, o primeiro sacaa co pe tras un tiro raso do venezolano e o segundo frustra o disparo de pitero saínda á liña da área tras u xiro e xogada de pívot do burelés. Dispara Javi no 4 tras unha contra e consigue atrapala Starna. No minuto 24 logra o empate o conxunto visitante tras un saque de falta de Marquinho que finaliza Izan cun disparo que roza o largueiro. Dispara Izan no 27 pero despexa de novo Tini e volve a facelo segundos despois tras un saque de esquina. Lanzaa Jason por riba da portería tras unha recuperación de Izan no mesmo minuto. Continúa o xogo na área do conxunto vilalbés que xoga a defender e aguantar o empate buscando algunha ocasión de contraataque para adiantar o marcador. Intentao Marquinho cun disparo moi escorado no 33 que despexa a córner Tini e dispara Hugo Beceiro nunha contra atrapando Starna o balón. Dispara Isma no 34 e despexa Starna coas mans por riba da portería. Sae Meira coa camiseta de porteiro-xogador a falta de case 4 minutos para o final do encontro e intentao durante dous minutos saíndo no seu lugar Pitero a falta de 2. Dispara Jason e despexa Tini a un minuto dende a área e posteriormente a falta de 2 segundos por riba da portería tras un disparo de Marquinho. Sona a bucina e resólvese o encontro a penaltis chegando a lanzar o último o porteiro Starna.
Ficha Técnica Forma-T Vilalba FS (6) 2-2 (5) Burela FS
Forma-T Vilalba FS (2)(6): Tini; Isma, Héctor, Antón, Longo – quinteto inicial -, Kevin Chis, Durán, Dieguito, Hugo Beceiro, Martín Gemelo, Javi, Amado.
Burela FS (2) (5): Starna; Pitero (C), Jason, Alberto, Meira -quinteto inicial-, Izan, Alán, Marquinho, Walter.
Goles: 0-1-, min. 1: Pitero (Penalti). 1-1, min. 8: Javi. 2-1, min. 19: Izan (PP). 2-2, min. 24: Izan.
Árbitros: Roberto Segundo Amor Vizoso, Tania Penabad Canel y Eva López Seijas.
Incidencias: Partido correspondente aos cuartos de final da Copa Galicia Masculina disputado no Municipal de Vilalba. Ao inicio do partido guardouse un minuto de silencio polo falecemento dun familiar dun membro do equipo local.




















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.


