Ofreceranse 60 prazas para nenos e nenas de Primaria e as actividades desenvolveranse do 22 ao 26 de decembro no pavillón Antonio Tarrío
Viveiro, 5 de decembro de 2025. O Concello de Viveiro porá en marcha o 22 de decembro o programa «Ocio por Nadal 2025», dirixido a nenos e nenas que cursen Educación Primaria neste curso. O obxectivo da iniciativa é ofrecer unha alternativa de lecer saudable, fomentar a convivencia e apoiar a conciliación das familias durante o período non lectivo.
As actividades terán lugar entre os días 22 e 26 de decembro, en horario de 10.00 a 13.30 horas, no pavillón Antonio Tarrío. O programa ofrece un total de 60 prazas para participantes con capacidade de integración e autonomía suficiente para realizar as actividades previstas.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto do 9 ao 12 de decembro. Se non se completan as prazas dispoñibles, o prazo permanecerá aberto ata esgotarse. As solicitudes deberán ser presentadas por un proxenitor ou titor legal, por vía electrónica, no Rexistro Xeral do Concello ou polos demais medios oficiais establecidos.
Os impresos de solicitude poden recollerse en conserxería do Concello ou na oficina da OMIX, e tamén estarán dispoñibles para descarga na páxina web municipal. Será necesario achegar a documentación indicada nas bases, incluíndo DNI da persoa proxenitora ou titora e tarxeta sanitaria do menor.
No caso de existir máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público, tras o cal se publicará a listaxe definitiva de admitidos e a lista de agarda nos espazos municipais habituais.
A alcaldesa Mariña Gueimunde explicou que «este programa permite ofrecer un recurso de calidade ás familias durante as vacacións, ao tempo que promove valores de convivencia, participación e hábitos saudables entre a nosa infancia».






















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



