Lugo, 18 de decembro de 2025. O Grupo Provincial Popular denuncia “o enésimo despropósito” do PSOE ante as denuncias por suposto acoso sexual por parte de Tomé a seis mulleres, na intención do presidente dimisionario e do PSOE de que a Deputación de Lugo pagase os gastos de defensa xurídica de Tomé.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que na orde do día da xunta de goberno provincial de mañá, Tomé pretendía someter a aprobación que a Deputación sufragase con fondos públicos os gastos da súa defensa xurídica, punto que finalmente non se votará ao ser retirado da orde do día, “pero que evidencia, unha vez máis, o modo de actuar do PSOE neste caso”.
O popular explica que o que fixo José Tomé foi “asinar, rexistrar e publicar onte unha orde do día da xunta de goberno con ese punto incluído, pero esta mañá, ás 12:51 horas, asinou, rexistrou e publicou outra orde do día na que se excluía ese punto.
Ameijide sinala que se trata “do enésimo despropósito parte do PSOE que, ademais de ocultar durante meses as denuncias de acoso sexual existentes contra José Tomé, pretendía agora facer pagar á cidadanía lucense o custo do seu avogado”.
Para o voceiro popular estamos ante a confirmación de que “José Tomé segue a dirixir a Deputación de Lugo e trala súa dimisión no pleno do día 30 seguirá a ser o presidente na sombra da institución”.
Unha situación que se engade a que desde o PSOE segue sen aclarar os motivos polos que se ocultaron as denuncias de acoso sexual, pero “seguen amparando os actos de José Tomé, agravando a crise institucional na Deputación de Lugo, que está a danar moito a imaxe que se transmite da nosa provincia”.
Antonio Ameijide tamén culpa ao BNG desta situación, “a que non se tería chegado se os nacionalistas tivesen roto o goberno provincial no mesmo momento en que estalou o caso”.
A realidade é que “por moitas performances que fagan e por moito que se esforcen en marcar distancias, a realidade é que Efrén Castro, Iria Castro e Daniel García seguen formando parte do goberno da Deputación de Lugo, con Efrén Castro como vicepresidente da institución”.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



