A Mariña, 18 de decembro, 2025. O vindeiro 20 de decembro ás 18:00 horas celebrarase en Foz un novo acto de presentación do proxecto “Pomba, a que non era”, o último previsto antes de que remate a campaña de financiamento colectivo, o día 26.
O encontro contará coa presenza das artistas Lucía Ferro e Andrea Lombardía, escritora e ilustradora do conto. Ademais dun coloquio no que falarán sobre a orixe do libro e o seu proceso creativo, Lucía recitará o poema en formato de contacontos, mentres que Andrea explicará os detalles das ilustracións e como dialogan coa historia.
“Pomba, a que non era” é un proxecto que busca non só entreter ás crianzas, senón tamén ofrecer ferramentas ás persoas que as acompañan para abordar temas complexos como o bullying e outros traumas infantís. Para afondar nestas cuestións, participarase tamén a psicóloga Yanet Escobar, que achegará a súa visión profesional, xunto con testemuños de persoas que viviron esta problemática na infancia.
As persoas interesadas poden visitar a web pomba.gal, onde atoparán máis información sobre o libro e sobre como apoiar a campaña de financiamento. A páxina irá incorporando novos recursos para acompañar a lectura.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



