“O comercio de proximidade é vida e futuro”
Burela, 18 decembro 2025. O BNG iniciou hoxe en Burela a campaña de apoio ao comercio local que se vén desenvolvendo todos os anos en Nadal. Na presentación desta campaña participaron Mario Pillado, Sandra Fernández, concelleir@s no goberno municipal de Burela, o deputado provincial Daniel Garcia, e o parlamentario mariñao Daniel Castro.
“En Galiza e na Mariña contamos cun tecido produtivo único. Unha combinación de terra, mar e saber facer que nos permite ofrecer alimentos e produtos de calidade extraordinaria pero a Xunta de Galicia continúa apostando por un modelo de consumo que favorece ás grandes superficies mentras deixa cada vez máis desprotexidos ao sector primario, á industria de transformacion e ao comercio de proximidade, un modelo este que empobrece ao país e espreme aos autónomos limitando o futuro dos pequenos negocios e tamén condicionando os nosos hábitos de vida con formas de consumo cada vez máis deshumanizadas e e ecolóxicamente insustentables” afirmou Mario Pillado.
Un novo modelo comercial para Galiza e defensa do traballo autónomo
“A aposta polo consumo de produtos galegos e polo comercio de proximidade debe ser o camiño. Non é só unha cuestión económica: é cohesión social, equilibrio territorial e defensa do noso futuro produtivo.Cun apoio decidido ao comercio local poderemos xerar emprego digno, dinamizar a vida económica e social e garantir que a riqueza producida aquí, fique aqui” manifestou a edil Sandra Fdez. Cillero.
O BNG fai tamen unha defensa do traballo autónomo, porque as traballadoras e traballadores autónomos son unha peza esencial da economía galega, sostendo milleiros de pequenos negocios, talleres, comercios….. e inicativas emprendedoras que dinamizan e xeran riqueza e emprego nas nosas cidades, concellos, vilas, barrios e parroquias.
Propostas de actuación
Os deputados Daniel Castro e Daniel García destacaron as grandes liñas nas que o BNG traballa tamén a nivel institucional que son básicas para o futuro do comercio local galego, como poden ser: unha nova Lei de Comercio Local, promover o consumo de produtos locais galegos, recuperar e revitalizar os mercados municipais, impulsar unha marca galega de calidade e identificación da orixe para produtos da terra e do mar, ou despregar liñas de crédito prioritarias para o comercio de proximidade, entre outras.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



