Comezan as actividades dun proxecto de cooperación promovido por todos os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia para a promoción do turismo mariñeiro e pesca turismo no sector Pesqueiro
Viveiro, 5 de decembro, 2025. Os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia uníronse na promoción do proxecto de cooperación Mar e Rías: Pesca&Turismo baixo a coordinación do GALP Ría de Pontevedra. Este proxecto nace co obxectivo de estender a todas as comunidades costeiras galegas a promoción das actividades de pesca turismo e turismo mariñeiro dende o sector pesqueiro, tomando como exemplo o modelo desenvolvido no proxecto Mar das Illas, posto en marcha nas Rías Baixas e no entorno do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia que formou a máis de 250 profesionais do mar, impulsando novas vías de traballo en turismo mariñeiro e pesca turismo.
Desenvolvemento sostible e novas oportunidades
Mar e Rías Pesca&Turismo busca ofrecer ao sector pesqueiro novas fontes de ingreso a través da xeración de experiencias turísticas auténticas que contribúan ao mesmo tempo, á redución do esforzo pesqueiro e ao equilibrio entre actividade extractiva e conservación.
O proxecto tamén promove prácticas respectuosas co medio mariño, fomentando o coñecemento, respecto e coidado dos ecosistemas costeiros.
Estes obxectivos conseguiranse a través da posta en marcha de diversas actividades que se poñen a disposición das persoas que forman parte do sector Pesqueiro e acuícola de toda a costa galega.
Formación, emprendemento e profesionalización
O proxecto desenvolverá talleres de emprendemento, cursos de formación en cada territorio e titorías personalizadas para acompañar ao sector na creación de produtos turísticos mariñeiros sólidos e seguros.
As titorías abordarán:
Adaptación das embarcacións ás esixencias de prevención de riscos laborais,
Adecuación dos barcos para uso turístico,
Vías de comercialización, e a preparación necesaria para emprender con garantías.
As persoas participantes poderán realizar visitas a experiencias xa en funcionamento, aprendendo directamente de profesionais do mar que xa están a ofrecer actividades de éxito. Os GALP seleccionarán as mellores experiencias creadas polo sector para seren presentadas e difundidas á cidadanía.
Xornada Técnica Pesca&Turismo
O proxecto inclúe a celebración dunha XORNADA TÉCNICA DE PESCA&TURISMO, un espazo de encontro entre sector e administracións:
Lugar: Casino de Noia
Data: 12 de decembro
Obxectivo: avanzar na coordinación institucional e sectorial para consolidar o turismo pesqueiro en Galicia.
Formación aberta e accesible
Crearase unha oferta formativa complementaria de tres cursos en liña, entre eles un de iniciación ao inglés turístico, que permanecerán abertos durante seis meses para favorecer a participación do conxunto do sector pesqueiro galego.
Xornada Internacional de Turismo Pesqueiro
Como peche do proxecto celebrarase unha Xornada Internacional de Turismo Pesqueiro, centrada na análise dos avances acadados, a situación actual do turismo.
Un modelo de éxito
Da iniciativa Mar das Illas, levada adiante ao longo dos anos 2017 a 2020, xurdiron experiencias turísticas hoxe plenamente consolidadas, como: “Mariñeiro por un día”, promovida polo Patrón Maior de Sanxenxo, Sauro Martínez Durán, que ofrece ao público a oportunidade de vivir unha xornada real de traballo a bordo.
As saídas de pesca no Novo Migueliño, de Severino Casal Diz, que permiten ás persoas visitantes embarcarse e coñecer de primeira man a vida e o esforzo da pesca tradicional.
As experiencias de marisqueo en compañía de mariscadoras, promovidas por Amarturmar, Mulleres do mar de Poio, Amarcarril, mariscadoras de Vilanova de Arousa e as mariscadoras de Mar da Pobra do Caramiñal que amosan o valor e a dureza dun oficio esencial para as rías galegas.
Pola súa parte, tamén dende o GALP Costa sostible se puxeron en marcha iniciativas de formación para promover a diversificación do sector que tiveron moi boa acollida no territorio dando lugar a iniciativas que verán pronto a luz a partir do traballo de colectivos de redeiras de Porto do Son, que comparten o seu coñecemento e o oficio de coser redes, sen as cales simplemente non habería pesca.
Estas iniciativas demostraron que o turismo mariñeiro é unha ferramenta eficaz para diversificar ingresos, sumar valor ao produto e fortalecer o vínculo entre mar e sociedade.
Sobre esta base constrúese agora Mar e Rías Pesca&Turismo, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (70 %) e a Consellería do Mar 30 %



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



