O dispositivo despregado pola institución provincial conta cun total de 24 máquinas quitaneves, 8 vehículos de apoio, 8 vehículos todoterreo de apoio para atender incidencias, 13 silos con 500 toneladas de sal para asistencia aos concellos e 64 operarios preparados para manter as vías transitables
Lugo, 22 de xaneiro de 2026. A Deputación de Lugo activa un operativo especial ante a chegada da borraca Ingrid, un fronte de frío ártico que que se espera afecte á provincia desde a madrugada deste venres, deixando intensas chuvias, vento forte e neve en cotas baixas, especialmente nas zonas de montaña, segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). O dispositivo despregado pola institución provincial conta cun total de 24 máquinas quitaneves, 8 vehículos de apoio, 8 vehículos todoterreo de apoio para atender incidencias como árbores caídas e 64 operarios.
Así mesmo, a Deputación ten activos a totalidade dos 13 silos que ten repartidos pola provincia con 500 toneladas de sal para asistir e apoiar aos concellos durante estes días. Os concellos deberán notificar á institución provincial a retirada de sal dos depósitos para levar un control do seu uso e garantir a súa correcta distribución e dispoñibilidade durante a alerta meteorolóxica.
O dispositivo provincial xa está facilitando o paso do transporte escolar para garantir a chegada dos nenos e nenas da Montaña aos centros educativos, e continuará operando de maneira reforzada durante este venres e de cara a fin de semana, adaptándose á evolución do temporal.
A institución provincial alerta á cidadanía que a partir deste venres extremen a precaución, especialmente nas estradas de zona de Montaña onde se poden formar placas de xeo ou acumulación de neve por riba dos 5 centímetros en cotas de neve que poderían descender desde 700 e 800 metros ata os 400 metros ao final do día, o que eleva o risco e dificultade na circulación.




















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



