Carmela López valorou antes da sesión plenaria que o novo escenario que se abrirá para o sector gandeiro “débese abordar con rigor, responsabilidade e firmeza política desde todas as institucións, ante o impacto directo que terá no sector primario”
Lugo, 27 de xaneiro de 2026. O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado que defendan os intereses dos gandeiros fronte ao acordo con Mercosur. Así se acordou na sesión deste mes tras o debate dunha moción socialista para garantir, no caso de que chegue a asinarse, unha aplicación responsable do pacto comercial entre a Unión Europea e os países suramericanos. A iniciativa, que se debateu xunto a outras dúas propostas dos diferentes grupos políticos, contou cos votos a favor do PSdeG, a abstención do PP e os votos en contra do BNG.
Valorou a Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, antes da sesión plenaria que o novo escenario que se abrirá para o sector gandeiro “debe ser abordado con rigor, responsabilidade e firmeza política desde todas as institucións, ante o impacto directo que terá no sector primario”. Destacou nese sentido, que a provincia de Lugo é un territorio con forte dependencia da gandería e do agro e que polo tanto a apertura comercial “debe ir acompañada de garantías efectivas”.
Nese sentido, o Deputado Xosé María Arias, argumentou que aínda que o volume de importacións cárnicas autorizado polo acordo representa unha porcentaxe reducida da produción comunitaria -1,5% no caso do vacún; 1,3% nas aves e un 0,1% no porcino- unha aplicación desequilibrada e sen os controis necesarios pode ter efectos moi negativos na renda das explotacións gandeiras. Polo que o que si é moi importante, recalcou Arias, é “activar mecanismos de salvagarda efectivos, mellorar os controis e garantir unha reciprocidade real”.
O texto da moción recolle algúns deses mecanismos de protección, que pasan por reforzar os controis fronteirizos e garantir o cumprimento dos estándares europeos; activar cláusulas de salvagarda de forma áxil e efectiva; promover a diferenciación da carne galega; establecer medidas específicas de apoio ao sector gandeiro galego; apoiar unha estratexia de autosuficiencia alimentaria; e demandar unha Política Agraria Común (PAC) forte e reforzada.
Demandar á Xunta que suba os fondos do SAF
O Pleno ordinario celebrado este martes aprobou tamén unha proposta de Goberno para reclamar á Xunta que suba os fondos do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), ata asumir o seu custe real e tal e como reclaman os concellos a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). A iniciativa contou cos votos a favor do PSdeG e o BNG e cos votos en contra do PP.
Carmela López valorou que “os servizos sociais son un eixo fundamental para a nosa provincia; e a atención aos maiores é, ademais dun dereito individual, unha ferramenta para loitar contra a despoboación no rural”. Insistiu ademais en que todo o peso do mantemento deste servizo tan básico “está a recaer nos gobernos municipais”.
O texto recolle ademais que o Executivo autonómico escoite as demandas dos concellos acerca do impacto do SAF nas facendas locais e presente un plan de choque para garantir a prestación universal do servizo; a capacidade orzamentaria dos concellos, de xeito que a cobertura do SAF non ameace con colapsar calquera outra actividade ou investimento; que a achega da Xunta sexa, como mínimo, o que reclaman os concellos a través da Fegamp; ou que a Xunta renunciará á política de impoñer sancións aos concellos pos supostas irregularidades na prestación do servizo.


















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



