A institución provincial mantén despregado tamén o dispositivo contra as nevaradas, que reforzará esta tarde ante as malas previsións meteorolóxicas con 24 máquinas quitaneves, 8 vehículos de apoio, 8 todoterreos e 64 operarios
Lugo, 27 de xaneiro de 2026. Ante a previsión de fortes nevaradas a institución provincial despregará desde primeira hora do martes un completo dispositivo con 24 máquinas quitaneves, 8 vehículos de apoio, 8 todoterrenos e 64 operarios para garantir a seguridade nas estradas e facilitar a circulación.
A Deputación de Lugo mantén despregado un amplo operativo para dar resposta ás incidencias rexistradas nas vías provinciais como consecuencia da borrasca Joseph. Durante toda a xornada deste luns os equipos técnicos traballaron para garantir as máximas condicións de seguridade nas estradas afectadas. Nestes momentos, atópanse pechadas catro vías provinciais por asolagamentos e danos derivados do temporal:
A LU-P-1701, de Feira do Monte a Muimenta, á altura do quilómetro 9.
A LU-P-0802, de Begonte a Santalla, ao inicio da vía, no cruce coa N-VI.
A LU-P-3501, de Navia de Suarna ao Alto do Restelo, pola caída da Ponte de Aceña.
E a LU-P-6502, que une Vilalba con Chavín pola Balsa, no concello de Muras, á altura do punto quilométrico 22,8 ante o risco de derrubamento dunha ponte.
Durante este luns, os técnicos rexistraron numerosas incidencias na rede viaria derivadas, principalmente, da caída de árbores e desprendementos. Ademais, a institución provincial está a avaliar os danos da ponte que se derrubou en Navia para poder encargar con urxencia as obras de reparación.
Así mesmo e ante a previsión de fortes nevaradas, a Deputación de Lugo despregará desde primeira hora deste martes un amplo dispositivo -composto por 24 máquinas quitaneves, 8 vehículos de apoio, 8 todoterrenos e 64 operarios- para garantir a seguridade nas estradas e facilitar a circulación. Esta mesma mañá, na zona da Montaña, tamén se realizaron diversas intervencións para despexar as vías da comarca que rexistraron un espesor de neve de entre 3 e 4 centímetros.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



