Nin populares nin socialistas apoiaron a moción do BNG que pedía ao goberno español e á Xunta rexeitar o acordo
Lugo, 27 de xaneiro de 2026. Partido Popular e Partido Socialista deron unha vez máis ás costas ás reclamacións do sector agrogandeiro galego en relación co Acordo UE Mercosur. Nin populares nin socialistas apoiaron esta mañá no pleno da Deputación de Lugo unha moción do BNG que pedía ao Goberno do Estado e á Xunta de Galiza rexeitar un acordo con graves repercusións para as producións agrogandeiras.
O deputado nacionalista e vicepresidente da Deputación Efrén Castro subliñou que “no pleno quedaron claras as posturas, caeron as caretas. Xa non valen as demogoxias e os enganos”, aludindo á posición do Partido Popular que “vai ás manifestacións a pasarlles a man polo lombo aos gandeiros” mentras votan a favor do acordo en todas as institucións”, a comezar por Bruxelas, onde negociaron e pecharon o acordo.
Efrén Castro acusou ao Partido Popular de “vender fume” agora coas cláusulas de salvagarda, explicando que “o acordo xa recolle esas cláusulas” e lembrando que, cando tivo ocasión, os populares votaron en contra dunha proposta para endurecelas”.
O BNG reiterou o apoio aos gandeiros e gandeiras e subliñou a ventá de oportunidade que se abre para suprimir o acordo despois de que o Parlamento Europeo aprobase a pasada semana unha iniciativa impulsada polos partidos de esquerda europeos, entre eles o BNG, para que o Tribunal de Xustiza Europeo se pronuncie sobre a súa legalidade.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



