O acordo foi asinado hoxe polo alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso
Ortigueira, 20 de xaneiro de 2026. O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron hoxe un acordo de colaboración a través do cal o organismo provincial financiará o 80% do custo da obra do muro e da praza de San Roque. Concretamente, a Deputación achegará 309.899,10 euros do total de 387.373,88 euros nos que se proxecta a obra; o montante restante aportarase con fondos propios do Concello de Ortigueira.
A obra busca corrixir o deficiente estado no que se atopa o muro de contención que sustenta a praza. A orixe do problema está na filtración de augas pluviais no recheo do trasdós, facendo que o muro perda resistencia, polo que tivo que ser apuntalado. Os traballos permitirán a retirada do muro existente e do seu recheo e a construción dun novo muro de formigón armado, que será revestido con cachotaría de pedra granítica para manter a integración estética. Ademais, a intervención inclúe a execución dunha escaleira en voo e novas solucións de accesibilidade, como ramplas accesibles, que facilitarán a conexión entre a rúa Manuel Sandomingo e a praza de San Roque.
Ademais da estabilización estrutural, o proxecto contempla a reposición completa das superficies afectadas da praza, cun novo pavimento de granito, a renovación da rede de recollida e evacuación de augas pluviais e a mellora da iluminación. Tamén se habilitará unha rampla de acceso para vehículos de mantemento, garantindo a funcionalidade futura do espazo.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, agradece “la colaboración provincial para sacar adelante una obra fundamental para Ortigueira como es esta”. “El estado del muro de contención obligaba a una intervención integral y técnicamente compleja, que sería muy difícil de asumir únicamente con recursos municipales”, engadiu.


























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



