Siervo González Rivas naceu en Mondoñedo en 1886. Era axente de recadación do concello desde 1927. Nos días da II República foi dirixente do Sindicato Único de Profesións Varias da CNT e presidente da Comisión Inspectora da Oficina Local de Colocación Obreira en 1934. Nas eleccións de 1933 encabezou a candidatura pola provincia de Lugo da Unión Socialista Galega e foi dirixente do Partido Sindicalista en 1936. Tras o golpe do 18 de xullo de 1936 foi depurado e privado do seu posto de traballo como funcionario municipal. No amencer do día 11 de xaneiro o seu corpo apareceu na Travesía da Rocha xunto aos de Graciano e Manuel. Estaba aveciñado na rúa Febrero, tiña 52 anos e deixaba viúva e catro fillos.
Graciano Paz Amieiro, “O Latoeiro” polo seu oficio, naceu en Mondoñedo en 1893. Dirixente da Unión Socialista Galega e sindicalista da CNT, foi tesoureiro da Sociedade de Obreiros Católicos entre 1926 e 1932, tempo que rematou cun conflito interno na sociedade. Aveciñado na rúa bispo Sarmiento, tiña 45 anos. Deixaba viúva e unha filla.
Manuel Rodríguez Núñez naceu en Mondoñedo en 1893 e foi comerciante. Como Graciano, foi directivo da Sociedade Obreiros. Militou na CNT, no Partido Sindicalista e na Unión Socialista Galega. Aveciñado na rúa Febrero, tiña 45 anos.
Siervo, Graciano e Manuel foron “paseados” na madrugada entre o 10 e o 11 de xaneiro de 1938. Sacáronos pola forza do cárcere do partido e executáronos sen xuízo nin sentenza previa no lugar onde apareceron os seus corpos, a carón do vello cemiterio mindoniense.
Por iniciativa popular en 2018 fixóselles unha homenaxe e en 2019 púxose un monólito cos seus nomes no mesmo lugar onde foron executados estes asasinados polo terror imposto tras o golpe de 1936. Desde entón, cada xaneiro unha comisión cidadá encárgase de lembrar a estes bos homes, en primeiro lugar para evitar que queden no esquecemento, pero, sobre todo, para lembrar ás e os mindonienses do presente e aos das xeracións futuras que endexamais terá sentido a violencia como recurso para resolver conflitos ideolóxicos ou doutro tipo. Como queda patente cada día, tamén nestes tristes tempos que vivimos, á forza bruta só recorre quen non ten outra razón que ofrecer.
Este sábado, 10 de xaneiro de 2026, ao tempo que homenaxeamos a Siervo, Graciano e Manuel, honrase, tal é como é costume cada ano, a memoria de sete veciños de Ribadeo e Viveiro cruelmente axustizados en Mondoñedo o 12 de setembro de 1936, concretamente nas coñecidas como curvas de Prado cando os trasladaban desde Ribadeo a Lugo no coche do Cangrexo ou do Centolo.
Unha placa no Cemiterio Vello de Mondoñedo colocada o 12 de setembro de 2010 lembra os seus nomes. Os asasinados foron o veciño de Viveiro, Andrés Vale Blanco ‘O Moreno de Covas’, e os ribadenses, Antonio Mª Martínez López, Bruno Martínez, “O Barquilleiro-O Churreiro”, e Enrique Navarret García. Uns días despois apareceu o cadáver de Florencio Carballo Novegil quen en principio conseguira escapar da matanza. O día 20 do mesmo mes caeu abatido en Argomoso outro veciño de Ribadeo, o obreiro Xosé Antonio Díaz Álvarez, ‘O Móco’, e o 7 de outubro en San Vicente, Xesús Longarela Manciñeiras, ‘O Magín’.
Antonio Reigosa, Cronista oficial de Mondoñedo.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



