Lugo, 12 de febreiro de 2026. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha un nova iniciativa de promoción da artesanía, o programa Mans artesás, co que profesionais da provincia ofrecerán demostracións, obradoiros e cursos de diferentes oficios tradicionais e manuais.
Cestería, olería, traballo con coiro, técnicas de tecido ou torneado e tallado de madeira son algunhas das actividades incluídas neste programa, que se desenvolverán en función da dispoñibilidade das artesás e artesáns participantes.
O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da área de Artesanía e Deseño Efrén Castro explicou que “o programa pretende fomentar a presenza da artesanía e dos oficios tradicionais en feiras e actos culturais ou de promoción do territorio e na oferta de actividades formativas ou lúdicas que ofrecen asociacións e colectivos veciñais ao longo do ano”.
O responsábel provincial destacou que “a iniciativa amplía o apoio que se ofrece desde a institución provincial a un sector que conserva, difunde e actualiza coñecementos e técnicas que forman parte do noso patrimonio inmaterial e que desenvolve unha actividade económica sostible, ligada ao territorio e ao consumo responsable”
Mans Artesás ofrece a asociacións e entidades sen ánimo de lucro a posiblidade de incluíren demostracions, obradoiros e cursos dentro das súas programacións ou eventos, de forma gratuíta, xa que as artesás e artesáns son retribuídos pola área de Artesanía e Deseño.
– Demostración; destinada a promover a percepción por parte do público en xeral dun determinado labor artesanal nun contexto de desenvolvemento nunha feira, festa ou outros eventos públicos xeralmente vencellados coa promoción da artesanía.
– Obradoiro: espazo de aprendizaxe e práctica dunha actividade artesanal, interactuando co público nun contexto de desenvolvemento nunha feira, festa ou outros eventos públicos vencellados coa promoción da artesanía.
– Curso: adquisición de coñecementos e habilidades prácticas para desenvolver un oficio artesanal. Terá unha duración máxima de vintecatro horas, establecéndose un mínimo de tres horas por xornada. O número de alumnas e alumnos será, con carácter xeral, dun mínimo de oito e un máximo de doce.
Os profesionais da artesanía que desexen acollerse ao programa Mans Artesás deben inscribirse a través dun formulario de adhesion dispoñible na web cultura.deputacionlugo.gal, no que se especifican os requisitos a cumprir.
As asociacións e colectivos interesados en programar estas actividades deben remitir un correo electrónico a formacion.centrad@deputacionlugo.org cunha antelación mínima de 20 días con respecto á data de inicio da actividade. As solicitudes atenderanse por orde de recepción e até esgotar o orzamento previsto, de 70.000 euros.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



