Os deputados populares recordan que “o Tribunal Supremo dixo alto e claro que o sectarismo e a actitude ditatorial á fronte do goberno da Deputación non teñen cabida na lei e bota por terra as decisións adoptadas por PSOE e BNG”
Lugo, 6 de febreiro de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular solicitarán formalmente a celebración dun pleno extraordinario, tal e como se acordou nunha xuntanza cos traballadores afectados, para que a Deputación de Lugo dea cumprimento íntegro á sentenza ditada polo Tribunal Supremo, que declara nula a compra dunha acción da empresa pública Tragsa realizada pola Deputación de Lugo e todos os acordos posteriores vinculados a esa operación.
Así o anunciou o voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, que recordou “o valor desta sentenza histórica, non só para o Grupo Provincial Popular, senón tamén para todos os traballadores afectados, que vén como o Tribunal Supremo defende os seus dereitos laborais”.
Antonio Ameijide sinala que a sentenza é “clara e firme” polo que solicitaremos un pleno extraordinario porque o asunto ten tal entidade que así o require, sendo a proba máis evidente que se tivo que pronunciar o Tribunal Supremo dándolle interese casacional e sentando xurisprudencia para todas as Deputacións e Concellos de España, nunha actuación que o que fai é poñer límite ao abuso de poder e ao incumprimento dos principios máis básicos de democracia e de respecto aos representantes dos cidadáns.
Agora, Carmela López ten unha nova ocasión de demostrar que “non é José Tomé nin o seu goberno está controlado na sombra por el”, así como “no BNG teñen a oportunidade de demostrar que realmente se preocupan polos dereitos laborais dos traballadores ou, pola contra, só queren facer seguidismo ao PSOE e acatar e apoiar todas as decisións que lles impoñen os socialistas”.
O cumprimento da sentenza implica, ademais da nulidade da compra da devandita acción e os acordos posteriores, a subrogación dos 16 traballadores afectados na Deputación de Lugo, extremo que o Grupo Provincial Popular defende con firmeza.
“Estes profesionais, tal e como se expuxo na rolda de prensa, non poden ser as vítimas dunha mala praxe de PSOE e BNG, deben manter a súa estabilidade e condicións de emprego sen prexuízo algún polo que deben de ser reincorporados de inmediato á plantilla de traballadores da Deputación”, afirmou.
O Grupo Provincial Popular subliña que a defensa destes traballadores non é un mero argumento político, senón un compromiso firme coa protección dos seus dereitos, a seguridade xurídica e a dignidade laboral. “As administracións públicas teñen a obriga de protexer o emprego e aos traballadores, así como garantir que as sentenzas xudiciais, ademais de acatarse e cumprirse, non deixen ás persoas afectadas en situación de incerteza ou desamparo”, defendeu.
Dende o Grupo Provincial Popular reitérase a necesidade de convocar cun carácter urxente un pleno extraordinario que permita abordar estas cuestións de inmediato e así poder dar seguridade e estabilidade aos 16 traballadores afectados e ás súas familias.
Os deputados populares recordan que “o Tribunal Supremo dixo alto e claro que o sectarismo e que a actitude ditatorial á fronte do goberno da Deputación non teñen cabida na lei e bota por terra as decisións adoptadas por PSOE e BNG”.
RECLAMACIÓN ANTE O TRIBUNAL CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO
Coa compra desta acción de Tragsa o que fixeron PSOE e BNG foi saltar a Lei de Contratos e adxudicar de forma directa traballos de ámbito provincial á devandita empresa “sen pasar por un procedemento ordinario de contratación ou sen pasar pola pública concorrencia”, ao que engaden que se tratou “dunha decisión de calado que se adoptou de forma unilateral por parte do presidente da Deputación, sen consultar co pleno”.
Esta decisión unilateral de adquirir unha acción de Tragsa e a encomenda de xestión sen pasar polo pleno, son dous exemplos de como saltarse a lei, polo que desde o Grupo Provincial Popular acudiuse ao tribunal contencioso-administrativo de Lugo, que o 31 de marzo de 2022 “dándonos a razón, declarando nulos a adquisición e o encargo como medio propio a Tragsa”.
O goberno da Deputación, con recursos ilimitados, acudiu ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que admitiu a súa apelación, o que motivou que o Grupo Provincial Popular, co esforzo que supón por contar con moitos menos recursos, elevou o caso ao Tribunal Supremo.
“Para nós, o primeiro éxito foi conseguir que o Tribunal Supremo actuase, é dicir, que tivera interese casacional para determinar se a integración na organización provincial, como medio propio personificado, dunha sociedade de capital preexistente mediante a adquisición de parte do seu capital social constitúe unha manifestación da potestade de organización provincial, e, en caso afirmativo require un pronunciamento do Pleno da Deputación”, destacaron.
A sentenza do Tribunal Supremo “pon de manifesto a actitude ditatorial permanente do PSOE e do BNG, a prepotencia e a soberbia na que están instalados, o afán constante de saltarse a lei e vulnerar o ordenamento xurídico e saltar directamente a democracia ao vulnerar as competencias do pleno, obviar aos representantes dos cidadáns, consideran as administracións o seu cortijo particular onde pretenden facer e desfacer sen control e sen respecto á lei nin aos representantes dos cidadáns”.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



