Ribadeo, 12 de febreiro de 2026. O CFEA Pedro Murias acolleu este xoves unha xornada na que se analizou o futuro do sector agrícola e gandeiro.
O alcalde, Dani Vega, contou que “hoxe en Pedro Murias acollemos unha xornada de asesoramento, unha xornada para analizar a situación do sector agrogandeiro. En colaboración coa Xunta de Galicia e tamén o propio Concello queremos achegar toda esta formación, toda esta información, que é necesaria, debater e analizar a situación actual do sector gandeiro, tamén o sector agrícola e os retos, futuro e a sostibilidade”.
Para o rexedor “que veña o xefe de servizo da Subdirección General de Producciones Ganaderas y Cinegéticas do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación pode poñer luz a moitos temas que son fundamentais e retos verdadeiros do futuro. Nestes momentos hai un debate aberto da sostibilidade da nova PAC. Esa posible redución do 23%, que vai afectar, evidentemente, a todo o sector. Tamén a subdirectora xeral de Xestión da PAC, da propia Consellería de Medio Rural, vai poñer negro sobre o branco un análise detallado da situación. Despois vai haber tamén un espazo networking de análise, de exposición, de infografías, de proxectos relacionados con esta temática”.
Vega considera que “é bo seguir analizando o sector co propio sector, tamén houbo un análise sobre os resultados da pegada de carbono e quince explotacións foron un campo de ensaio para a recollida de datos e así empezar tamén a investigar e a analizar”.
O alcalde engadiu: “Pedro Murías, que levaba moitísimo tempo nunha situación que ás veces ou habitualmente non era recomendable, xa estamos traballando conxuntamente a Xunta e o Concello neste centro e agradecer á dirección de Pedro Murías, que estea acollendo debates importantes, tamén analizando o propio sector e ser un verdadeiro centro de investigación, de formación, e de análise para o futuro do sector”.
Cursos en febreiro e marzo
O alcalde, Dani Vega, indicou ademais que “seguimos colaborando con Pedro Murías e neste caso para comezar un curso de poda de froiteiras, inxertía de froiteiras e reprodución vexetativa de plantas ornamentais. Seguimos dotando de formación, neste caso non regrada a Pedro Murias, e os días 24 e 26 de febreiro e 5 de marzo, terán lugar estes cursos nos que as persoas interesadas xa poden inscribirse”.
O rexedor dixo que “vamos colaborar con Pedro Murías e é importante tamén que o centro acolla a formación, formación de aprendizaxe, neste caso de poda de froiteiras ou de inxertía, que tamén é moi importante, e a reprodución vexetativa das plantas. Durante estes días vai haber esa formación non regrada en Pedro Murias, unha actividade coa que colabora o Concello de Ribadeo e evidentemente financia a Xunta de Galicia”.
Para Vega “nesta liña é na que hai que ir, facer actividade que sexa proveitosa para todos e seguir apostando por esa formación de proximidade e buscar máis formación e que Pedro Murías sexa o epicentro. Moitas grazas á dirección de Pedro Murias por seguir colaborando co Concello de Ribadeo, tamén á Área de Medio Ambiente, ao seu concelleiro, por seguir tamén aportando moitas ideas para que Pedro Murías tamén sexa un referente”.
No acto de presentación participaron o director do CFEA Pedro Murias, Manuel Valín, o alcalde, Dani Vega, e os concelleiros Diego Dos Santos e Begoña Sanjurjo.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



