O delegado territorial, Javier Arias, comprobou a marcha do último Plan Integrado de Emprego, que prevé desenvolver 18 actividades formativas e outras accións ata outubro deste ano
Lugo, 9 de febreiro de 2026. A Xunta de Galicia e a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL) colaboran nun novo Plan Integrado de Emprego que formará a 100 persoas desempregadas co fin de incorporalas ao sector.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe ao alumnado do curso para axudantes de camareiro que se imparte actualmente na sede da asociación no marco desta iniciativa, posta en marcha en outubro do pasado ano e que no prazo dun ano prevé completar 18 actividades formativas en Lugo e Monforte de Lemos.
Arias destacou que se trata dunha formación moi práctica e axustada aos requirimentos do mercado laboral, que inclúe cursos sobre cociña, servizo aos clientes, manipulación de alimentos, optimización de rutas de reparto ou ofimática.
Ademais, os participantes reciben orientación e asesoramento na busca de emprego, e coñecementos transversais en idiomas, competencias dixitais, prevención de riscos, relacións laborais, habilidades sociais e intelixencia emocional, entre outros aspectos.
O Goberno galego financia con 220.000 euros o programa, que se propón unha taxa mínima de inserción do 45% dos inscritos. Entre estes, o colectivo máis numeroso é o de persoas migrantes, e tamén son destinatarios preferentes as persoas con discapacidade, as que se atopan en risco de exclusión social, os menores de 30 anos ou as mulleres vítimas de violencia de xénero.
Arias explicou que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financia outros dous plans integrados de emprego nos que participan doce concellos da provincia de Lugo, tamén cun orzamento de 220.000 euros en cada caso. O obxectivo, afirmou, “é mellorar as oportunidades laborais dos participantes cunha formación adaptada ás demandas reais do tecido produtivo local”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



