O municipio sitúase así á cabeza da provincia de Lugo en número de DESAS por habitante
Cervo, 6 de febreiro do 2026. O Concello de Cervo vén de instalar novos desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) en varios edificios públicos e centros educativos, reforzando así a súa aposta pola cardioprotección e pola seguridade da veciñanza.
Coas novas incorporacións, pasan a ser espazos cardioprotexidos a Casa do Concello, a Casa da Cultura, a nave de obras, o CEIP Península da Paz e o IES Marqués de Sargadelos —onde o dispositivo se instalará a vindeira semana—. Estes puntos súmanse á piscina olímpica municipal, á Escola Infantil Municipal, ao campo de fútbol, ao pavillón da Veiga, ao centro de día, á residencia e ao DESA móbil dun vehículo municipal. Ademais, durante a tempada de baño, o areal do Torno tamén conta cun desfibrilador. O CEIP de Cervo dispón dun dispositivo propio.
O Concello traballa agora para que os locais sociais municipais conten tamén con cadanseu DESA nos próximos meses.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, subliñou que “a instalación destes desfibriladores é unha medida fundamental. A nosa prioridade é garantir a seguridade da veciñanza e avanzar cara a un concello cada vez máis cardioprotexido”.
Todos os dispositivos estarán inscritos no Rexistro de Desfibriladores Externos fóra do ámbito sanitario da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia‑061.
Nas vindeiras semanas impartiranse cursos de formación ao persoal municipal, ao profesorado e ao persoal dos centros onde se instalaron os DESA, co obxectivo de reforzar a capacidade de resposta ante posibles emerxencias.



















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



