Burela, 6 de febreiro, 2026. A Fundación Expomar e a Xunta de Galicia renovaron a súa colaboración durante un encontro mantido a semana pasada coa conselleira do Mar, Marta Villaverde. A entidade expresa a súa satisfacción por manter unha alianza institucional que se estende xa máis dunha década e que permite impulsar accións de promoción, formación e divulgación do sector marítimo‑pesqueiro.
Para este 2026, Expomar ten programadas múltiples actividades dirixidas a públicos diversos: profesionais da pesca, centros educativos, colectivos de maiores e inclusión social, hostalería, artesanía e gastronomía.
Xeración Peixe
Entre os proxectos en marcha destaca Xeración Peixe, iniciado en 2025 e centrado na sostibilidade pesqueira e o consumo responsable. Inclúe actividades interxeracionais e intersectoriais que culminarán en abril co Día do Peixe e o Congreso da Infancia e da Adolescencia.
Durante este primeiro trimestre, o programa está a desenvolver accións con centros educativos da Mariña, entidades sociais, centros de maiores e a Escola de Hostalería de Foz, que presentará un “petisco de peixe” e un menú pensado para comedores escolares.
Xornadas Técnicas e Encontro Empresarial
Expomar manterá o seu papel como foro de referencia coa celebración, os días 14 e 15 de maio, das XXXIII Xornadas Técnicas e o XXVII Encontro Empresarial de Organizacións Profesionais de Armadores. Estes encontros reunirán ás entidades máis representativas do sector para analizar o futuro da pesca e os retos actuais.
Presenza en eventos pesqueiros
A Fundación participará ao longo do ano nos principais eventos do sector, como Navalia e Conxemar en Vigo, ademais da Feira Expomar de Cabo Verde, acompañando á Consellería do Mar na promoción do sector galego.
O xerente, José Manuel González “Brais”, manterá reunións con empresas e institucións para comezar a promoción da próxima Feira Expomar, prevista para maio de 2027 no porto de Burela.
Feira Produart
Na primeira fin de semana de agosto, coincidindo coa Feira do Bonito, Expomar organizará unha nova edición de Produart, a feira de produtos do mar, artesanais e ecolóxicos, que alcanza a súa 24ª edición. O evento pon en valor a sustentabilidade dos recursos pesqueiros, a tradición artesanal e o patrimonio cultural de Burela.
Turismo e Orgullo Mariñeiro
A Fundación continuará impulsando o turismo mariñeiro, participando na creación da Red Nacional de Turismo Pesquero e promovendo actividades divulgativas arredor da pesca e os seus oficios, con rutas, visitas e accións culturais.
O ano pechará cunha nova edición do Día do Orgullo Mariñeiro, previsto para comezos de decembro, que combinará divulgación nas escolas, promoción do consumo de peixe, actividades culturais e unha degustación popular gratuíta.





















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



