Olimpia López subliñou a importancia de seguir impulsando iniciativas que contribúan a protexer vidas e a consolidar unha maior conciencia colectiva arredor da responsabilidade na estrada
Lugo, 6 de febreiro de 2026. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, mantivo esta mañá unha reunión co xefe da Xefatura Provincial de Tráfico, Alberto Rodríguez, na que analizaron as principais liñas de traballo que se desenvolverán ao longo deste ano para contribuír á redución das cifras de sinistralidade nas estradas da provincia.
Durante o encontro, a subdelegada puxo en valor a actuación firme da Xefatura Provincial de Tráfico e o seu compromiso coa seguridade viaria a través de políticas activas de prevención, formación e sensibilización social. Neste sentido, incidiu en que o factor humano segue a ser determinante na maior parte dos sinistros, polo que apelou á responsabilidade dos usuarios e usuarias da vía para extremar as precaucións e respectar as normas de circulación.
A Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo continúa así desenvolvendo e reforzando diversas accións formativas e de sensibilización dirixidas a distintos grupos de poboación que responden a unha estratexia preventiva baseada na educación viaria e na concienciación cidadá.
Entre as actuacións previstas destaca a continuidade das actividades educativas no Parque Infantil de Tráfico de Lugo, nas que participan nenos e nenas de diferentes centros escolares da cidade. Estas accións, orientadas á adquisición de hábitos seguros desde idades temperás, ampliaranse proximamente a colexios doutros municipios da provincia para estender a cultura da seguridade viaria.
Así mesmo, a Xefatura Provincial de Tráfico prevé poñer en marcha, a mediados de abril de 2026, un Escape Room dirixido a adolescentes. Trátase dunha actividade innovadora e participativa que ten como finalidade concienciar sobre os riscos da condución baixo os efectos do alcohol e das drogas, a importancia de respectar as normas de tráfico e as graves consecuencias persoais e sociais dos sinistros viarios.
Por outra banda, desenvolveranse charlas e obradoiros destinados a persoas maiores, centrados na necesidade de manter as aptitudes psicofísicas adecuadas para a condución e na adopción de decisións responsables que garantan a seguridade propia e a do resto de usuarios da vía.
Con este conxunto de accións, a Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo reafirma o seu compromiso coa seguridade viaria, apostando pola formación e a prevención como piares fundamentais para avanzar cara a unha mobilidade máis segura na provincia. A subdelegada reiterou, ademais, a vontade manifesta de seguir impulsando iniciativas que contribúan a protexer vidas e a consolidar unha maior conciencia colectiva arredor da responsabilidade na estrada.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



