Cervo, 6 de febreiro de 2026. O Grupo Municipal Socialista de Cervo levou ao pleno do xoves unha batería de preguntas sobre o episodio ocorrido a pasada semana no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), no que —segundo denuncian— se presentou documentación a unha persoa usuaria para que aceptase a renuncia a parte das horas de atención que ten recoñecidas. Os socialistas aseguran que a alcaldesa evitou responder ás cuestións formuladas e non aclarou o sucedido.
A voceira socialista, María Luján Ramos, lembrou que o SAF “é unha peza esencial do sistema público de atención ás persoas en situación de dependencia, especialmente no ámbito rural, e un dereito recoñecido que debe prestarse con todas as garantías legais, éticas e profesionais”.
Ramos explicou que o pasado 29 de xaneiro, unha técnica municipal acudiu ao domicilio dunha usuaria con dependencia de grao III cunha serie de documentos para a súa sinatura. Entre eles figuraban:
• Un documento de prestación do servizo, que —segundo o PSdeG— debería terse asinado no inicio da atención, hai arredor dun ano e medio.
• Unha instancia na que constaba que a propia usuaria consideraba suficientes as horas de SAF que estaba a recibir.
“Esta persoa nunca manifestou tal cousa”, advertiu Ramos, subliñando ademais que se trata dunha usuaria “sen capacidade para comprender nin asinar un documento destas características”.
O Grupo Municipal Socialista preguntou directamente quen redactou os documentos, se foron supervisados antes da súa entrega, se a Alcaldía coñecía o seu contido e cantas persoas usuarias puideron recibir escritos similares nos últimos días. Tamén solicitaron información sobre posibles inspeccións da Xunta ao departamento de Servizos Sociais e sobre os requirimentos derivados desas visitas.
Segundo o PSdeG, a alcaldesa limitouse a indicar que a documentación fora elaborada polo departamento municipal de Servizos Sociais a partir de modelos da Xunta de Galicia, sen responder ao fondo das preguntas nin aclarar os feitos denunciados.
Ramos insistiu en que o obxectivo do grupo socialista é “esclarecer por que se procedeu deste xeito”, deixando claro que non se cuestiona o labor do persoal do SAF. “As traballadoras e traballadores cumpren funcións moi concretas e fundamentais, e dentro delas non está a de trasladar documentación administrativa ás persoas usuarias”, afirmou.
O PSdeG concluíu lembrando que a responsabilidade política da xestión do servizo recae exclusivamente no goberno municipal. “Aquí non estamos a falar de persoas traballadoras que cumpren ordes, senón da responsabilidade dos dirixentes políticos que xestionan o servizo. As explicacións ten que dalas a Alcaldía e o goberno do PP, que son quen deben garantir a protección e a dignidade das persoas dependentes”, rematou Ramos.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



