Cervo, 24 de febreiro do 2026. O Concello de Cervo acolleu esta pasada fin de semana o Campionato Galego Infantil de Natación de Inverno, unha cita deportiva de primeiro nivel que reuniu a clubs de toda Galicia e converteu o municipio nun punto de encontro da natación base durante dúas intensas xornadas de competición.
Na clasificación xeral por clubs, o triunfo foi para o CN Ferrol, que se proclamou campión galego cun total de 633 puntos, seguido do CN Portamiñá e do CN Pabellón Ourense. Na categoría feminina, o CN Ferrol volveu subir ao máis alto do podio, mentres que na categoría masculina o primeiro posto foi para o CN Vigo Rías Baixas.
Dende o Concello de Cervo “queremos felicitar a todos os clubs participantes polo alto nivel deportivo demostrado, así como á Federación Galega de Natación e á organización do evento polo seu bo desenvolvemento”.
Mención especial merece o excelente resultado acadado polo CN Xove, que asinou unha das mellores colleitas da súa historia nun Campionato Galego Infantil, cun total de once medallas, un fito que pon en valor o traballo de base, o esforzo das e dos deportistas e do corpo técnico do club.
Para o Concello de Cervo, acoller un campionato galego destas características supón unha importante proxección deportiva e turística, ademais dun impacto positivo para a hostalaría e o comercio local, enchendo de actividade e movemento o municipio durante toda a fin de semana. Agardamos que desfrutaran da súa estadía e que esta cita deportiva enchese de vida o noso concello, reforzando así a aposta municipal polo deporte como ferramenta de dinamización social e económica.
O acto de entrega de medallas contou coa participación da alcaldesa Dolores García Caramés e do concelleiro de Deportes David Rodríguez, que amosaron o compromiso do goberno local co deporte base e coa organización de eventos que fomentan hábitos de vida saudables entre a mocidade.
O Concello de Cervo continúa así consolidándose como sede de grandes eventos deportivos, reafirmando o seu apoio á natación e ao deporte galego.





















A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.


