Santiago de Compostela, 24 de febreiro, 2026. A parlamentaria socialista Lara Méndez presentará este mércores ante a Mesa do Parlamento a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Pleno.
Viveiro e A Mariña: décadas esperando unha solución real en mobilidade
Viveiro e a comarca da Mariña levan décadas reclamando unha solución real, eficaz e estrutural aos graves problemas de mobilidade e comunicacións que padecen. Durante anos, a propia Xunta de Galicia defendeu e impuxo o proxecto da Vía de Alta Capacidade VAC-Norte, unha infraestrutura estratéxica chamada a mellorar a seguridade viaria, a fluidez do tráfico e a competitividade económica dun territorio clave do norte de Galicia.
Esta vía foi incluída no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Viveiro por imposición da Xunta, condicionando durante máis dunha década o desenvolvemento urbanístico e territorial do municipio. O Concello e a Corporación municipal aceptaron esa esixencia para poder avanzar na tramitación do PXOM, confiando en que a infraestrutura comprometida acabaría executándose.
Cambio de criterio da Xunta: da VAC-Norte a unha simple variante
Porén, o anuncio realizado recentemente polo presidente da Xunta en Viveiro supón un cambio de criterio radical e preocupante. O Goberno galego renuncia de facto á VAC-Norte e substitúe o proxecto por unha variante de estrada convencional, cun investimento moi inferior e cun alcance claramente limitado.
A alternativa presentada non responde ás necesidades reais de mobilidade nin aos problemas estruturais de tráfico que sofre Viveiro, especialmente nos accesos ao casco urbano e na conexión coa rede viaria principal.
Unha decisión que prexudica a Viveiro e á Mariña
Esta renuncia supón unha rebaixa inaceptable das aspiracións e dereitos da veciñanza de Viveiro, que ve como se lle nega unha infraestrutura da que si dispoñen outras comarcas galegas. Ademais, a solución proposta corre o risco de quedar obsoleta a curto prazo, ao tratarse dunha estrada convencional incapaz de absorber o volume de tráfico actual e futuro.
Resulta especialmente grave que, tras anos de bloqueo e esixencias ao Concello, a Xunta pretenda agora pechar definitivamente a porta a unha vía de alta capacidade, sen diálogo real, sen avaliación comparativa das alternativas e sen ter en conta o impacto desta renuncia no PXOM e no desenvolvemento económico e social de Viveiro e da Mariña.
Pregunta formulada polo Grupo Parlamentario Socialista
Vai a Xunta de Galicia retomar o proxecto da Vía de Alta Capacidade VAC-Norte de Viveiro como infraestrutura estratéxica para a mellora da mobilidade, da seguridade viaria e do desenvolvemento económico da Mariña?



















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



