Foz, 9 de febreiro, 2026. Os campionatos de baristas e cata de café do IES de Foz celebraranse do mércores 25 ao venres 27 de febreiro de 2026. O centro chega á súa décimo oitava edición do Campionato de Baristas e á décimo terceira do Campionato de Cata, consolidándose como unha das citas de referencia no ámbito da formación hostaleira.
Nesta edición participan 26 centros de hostalería de 14 comunidades autónomas, ademais de escolas internacionais procedentes de Portugal e Italia. Entre elas, o Centro de Hostalería de Viana do Castelo e a Escola Giuseppe Zanardeli de Brescia.
O IES de Foz destaca que este evento é froito dun traballo continuado e dunha ampla rede de colaboración coa contorna. O campionato conta con máis de cincuenta e catro patrocinadores e colaboradores, un exemplo de cooperación público-privada que o centro considera fundamental para o éxito da iniciativa.
O programa arrinca o mércores ás 16:00 horas coa recepción do alumnado participante. Ás 19:00 horas, no salón de actos, celebrarase unha proba de cata en formato de triangulación.
O evento mantén o formato dos últimos anos: as competicións desenvolveranse no salón de actos e, no exterior, a furgoneta do centro ofrecerá unha degustación aberta ao público con cafés de 11 torradores diferentes. O IES de Foz subliña que é o único campionato de café do mundo que reúne tantas empresas torradoras e permite catar os seus produtos de forma gratuíta. Toda a programación será retransmitida en directo pola Fundación TIC.
O centro contará con dous representantes: Patricia Fernández, na modalidade de Cata, e Mohamed Anouar, na modalidade de Baristas de Escolas. Desde o IES deséxanlles sorte e destacan que a experiencia suporá un importante valor engadido para a súa formación.
O instituto agradece tamén a implicación de toda a comunidade educativa —alumnado, profesorado, persoal de limpeza e conserxería— pola súa colaboración activa para facer posible un evento desta dimensión.























Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



