Ribadeo, 9 de febreiro de 2026. Ribadeo segue realizando melloras na estrada da costa no treito comprendido entre Rinlo e A Devesa para beneficio da veciñanza e dos visitantes.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos xestionando orzamento para mellorar as nosas infraestruturas. Todos somos conscientes de como se atopaba a estrada da costa. Nunha primeira actuación investimos dende Vilaselán ata Rinlo e agora estamos investindo, mellorando toda esa rede de infraestruturas dende Rinlo ata a Devesa. Toda esta inversión, por un valor de 370.000 euros, o que nos leva é a mellorar unha infraestrutura moi necesaria, que comunica varias parroquias e que tamén nos comunica co concello veciño de Barreiros e actuamos en infraestruturas que estaban realmente abandonadas. A da costa, con pavimento destrozado, ou ao lado mesmo do cámping e do laberinto hai vieiros en terra nestes momentos, cando hai xa actividade emprendedora, cando hai dous establecementos turísticos de importancia, e nunca houbo ningún tipo de mellora ou de inversión, dado que hai un trafico elevado”.
O rexedor declarou: “tamén somos conscientes de que desde o inicio de Rinlo, o que lle chamamos nosoutros a variante, é fundamental para aliviar o tráfico de Rinlo. Este é un paso moi importante para trazar unha estratexia conxunta con todos os veciños, coa asociación, que demanda tamén que actuemos no tráfico de Rinlo. Non pode ser que nos meses altamente turísticos Rinlo estea abarrotado de coches mal aparcados e que causan moitos problemas para todos os veciños e veciñas”.
Vega sinalou: “por iso quixemos facer as cousas en concordancia coa asociación, é dicir estar falando permanentemente, trazar unha estratexia conxunta de, primeiro aglomerar, arranxar todo o que ven sendo a variante, que comunique directamente cun aparcadoiro que está situado no inicio da estrada da costa, pasando o porto de Rinlo e tamén que libere o tráfico para comunicar directamente coa estrada da costa. É unha inversión moi necesaria: actuamos na variante de Rinlo, na estrada que comunica o aparcadoiro, na estrada que comunica directamente coa da costa, e en toda a estrada da costa, dende o porto ata Meirengos”.
Para o alcalde ribadense “estamos diante dunha actuación que ten unha importancia relevante, que estamos mellorando as infraestruturas que teñen unha inxección económica para a Ribadeo, estamos traballando tamén nun dos sectores máis importantes, que é o turismo, e tamén para mellorar unha infraestrutura da que se benefician todos os veciños e visitantes. E, en consecuencia esta inversión que aporta a Xunta de Galicia, esta cantidade importante de 320.000 euros, máis unha pequena achega que fai o Concello de Ribadeo, traballando nunha estratéxica, conxuntamente, con lealdade institucional, entendendo que as administracións están para investir, para mellorar as nosas infraestruturas e así que Ribadeo siga avanzando”.
Dani Vega subliñou: “estamos satisfeitos do traballo que se está a facer, moi satisfeitos de que esta estrada en 2 anos toda ela dende Vilaselán á Devesa estea arranxada, porque levábamos moitos reclamándoa e levábamos moitos anos cunha vía totalmente destrozada e hoxe xa a temos preparada para que luza perfectamente para visitantes e veciños. Seguimos xestionando orzamento para que Ribadeo siga avanzando”.




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



