Os deputados populares presentarán unha iniciativa no pleno para que o goberno provincial arranxe as deficiencias desta vía que é o principal punto de acceso dos veciños de Trabada ao Hospital da Mariña, ademais de dar acceso a varias explotacións e iniciativas empresariais
Lugo, 9 de febreiro de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular seguen a reclamar á nova presidenta, Carmela López, un cambio de rumbo á fronte da Deputación de Lugo, sobre todo no que ao mantemento da rede viaria provincial se refire.
O voceiro provincial Antonio Ameijide, xunto ao tamén deputado e voceiro en Trabada, José María Fernández, e ao voceiro do PP de Barreiros, José Manuel Gómez Puente, revisaron o estado da vía LU-P-6103, que conecta ambos municipios da Mariña.
A realidade é que “o firme da vía presenta numerosos desperfectos, como fochancas e o coñecido como pel de crocodilo, así como é necesaria renovar a sinalizaron, tanto a horizontal como vertical, e a limpeza das cunetas”. “É dicir, cómpre realizar o mantemento máis básico que leva moito tempo sen facerse”, sinalou.
Antonio Ameijide recorda que esta estrada é moi empregada, sobre todo polos veciños de Trabada porque é a principal vía de conexión co hospital da Mariña, pero tamén conta unha elevada circulación de vehículos pesados xa que dá acceso a varias explotación e iniciativas empresariais.
Ademais, está vía debería de presentar un estado de mantemento “idóneo” xa que “en moitas ocasións, polas inclemencias meteorolóxicas como a néboa, a visibilidade é moi reducida, polo que mantela en perfectas condicións é preciso para manter a seguridade viaria”.
Dende o Grupo Provincial Popular defenderase unha iniciativa no pleno para que “o goberno provincial dunha vez escoite as reclamacións dos veciños de ambos municipios” a pesar de que “non é a primeira vez que demandamos o mantemento da LU-P-6103 no presente mandato”. “Agardamos que dunha vez por todas atendan esta reclamación encamiñada a garantir a seguridade de todos os usuarios destas vías é prioritario”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



