A alcaldesa, Marta Rouco, participa na presentación oficial da quinta edición da volta ciclista profesional a Galicia, que chegará a Vilalba o vindeiro 15 de abril
Vilalba, 7 de febreiro, 2026. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, participou onte na presentación oficial da quinta edición de O Gran Camiño, celebrada no Auditorio do Campus Tecnolóxico Cortizo de Padrón, un acto no que se deu a coñecer o percorrido das distintas etapas da volta ciclista profesional a Galicia.
Vilalba será o municipio de saída da segunda etapa da proba, o vindeiro 15 de abril, nunha xornada que conectará a Terra Chá coa Mariña lucense e que converterá á capital chairega nun dos focos principais do evento.
Durante a presentación, Marta Rouco destacou a importancia que supón para Vilalba acoller a saída de etapa dunha proba deportiva de carácter internacional. “Ser punto de partida dunha etapa de O Gran Camiño é unha oportunidade extraordinaria para Vilalba, tanto desde o punto de vista deportivo como económico e promocional”, sinalou a alcaldesa.
A rexedora subliñou que “eventos deste nivel teñen un impacto directo no comercio e na hostalería local, coa chegada de equipos, organización, medios de comunicación e afeccionados, pero tamén un retorno a medio e longo prazo en termos de imaxe e visibilidade”. Neste sentido, Rouco apuntou que “durante esa xornada, Vilalba será o centro de atención dungran evento deportivo, cunha proxección mediática que permite situar a nosa vila no mapa e amosar todo o seu potencial”.
A alcaldesa incidiu tamén en que “apostar por acoller eventos de primeiro nivel forma parte dunha estratexia clara de dinamización económica e promoción do territorio”, e lembrou que Vilalba conta cunha fonda tradición vinculada ao ciclismo e cun entorno privilexiado para a práctica deportiva.
Desde o Concello de Vilalba valórase moi positivamente a inclusión da vila nesta edición de O Gran Camiño, unha proba que ano tras ano gaña prestixio e repercusión internacional, e que consolida a Galicia como referente no calendario ciclista profesional. “Seguiremos traballando para que Vilalba sexa un lugar atractivo para acoller grandes eventos, porque iso tradúcese en actividade económica, promoción exterior e orgullo para os nosos veciños e veciñas”, concluíu Marta Rouco.





















O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



