Ribadeo, 3 de marzo, 2026. Fin de semana produtivo para o Club de Hockey Isla Pancha de Ribadeo. Os equipos benxamíns sumaron catro puntos en Lugo, cun empate e unha vitoria na xornada do sábado. Xa o domingo 1 de marzo, no Pavillón Municipal Alfredo Deaño de Ribadeo, os prebenxamíns —os máis pequenos do club— non lograron ningunha vitoria a pesar do seu esforzo, pero a xornada deixou unha gran noticia: o equipo dos Yayos proclamouse campión da Liga Autonómica non profesional Hobby Hockey. O conxunto ribadense situouse por diante do Alquimia Inline da Coruña e dos lucenses Lóstregos MAPAX, que ocuparon o segundo e terceiro posto respectivamente.
O Club de Hockey Isla Pancha amosou o seu orgullo por todos os seus equipos e, de maneira especial, por este grupo formado maioritariamente por pais e nais de xogadores e xogadoras do club, ademais doutros achegados. Este equipo decidiu esta tempada seguir os pasos dos seus fillos e fillas e iniciarse nun deporte apaixonante que, malia ser minoritario, gaña seguidores cada ano.
Cómpre salientar que o Club de Hockey Isla Pancha conta nesta tempada 2025–26, por primeira vez, con equipos en cinco categorías competindo en Liga Autonómica: Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Hobby Hockey. Ademais, o club experimentou un aumento superior ao 300 % na matrícula nos últimos anos, un dato que reflicte o crecemento do interese polo hóckey en liña na Mariña e o bo traballo da directiva e das familias que forman parte da entidade.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



